Servizos Sociais, ofrece roupa e cueiros para maiores.

O Concello das Neves, dende o departamento de Servizos Sociais,  lembran que as veciñas e veciños que o necesiten, teñen ao seu dispor roupa e cueiros para maiores.


Indican que actualmente no roupeiro teñen roupa e calzado de muller, home, nenas e nenos, mozas e mozos, colchas, mantas, sabas, cortinas, artigos de bebé, mochilas, bolsos, bufandas, gorros e panos.


Tamén se dispón de cueiros para maiores de todas as tallas, e mesmo algúns xoguetes e bicicletas para nenas e nenos, que están á disposición de quen o necesite.


Para solicitar algún artigo só é necesario contactar con Servizos Sociais no teléfono 986 667 134.