Fixeron falla tres anos de esixencia do Concello das Neves para que, finalmenente, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro: a Dirección Xeral de Desenvolmento Rural logo do nomeamento da actual directora acolleu as reiteradas solicitudes do Goberno municipal.

A vía quedara destrozada polo tránsito moi elevado de camións de gran tonelaxe para a retirada da madeira queimada dos incendios de 2017. O Concello das Neves elaborou un proxecto de reparación, como lle pediu a Dirección Xeral, quen lle adxudicou os traballos á empresa Covsa por un valor aproximado de 48.000 euros.

Preto de 6 quilómetros

Os traballos abranguen unha lonxitude de 5.900,00 metros nos que se acometerá a limpeza das embocaduras de 6 tajeas, de beiravías fondas con retroescavadora, en todo o camiño, ata unha profundidade de preto dun metro, depositando o material escavado sobre camión, incluíndo o transporte do mesmo ó vertedoiro.

Logo realizarán o bacheo de firme asfáltico con 183,30 toneladas, compostas de mestura bituminosa en frío, así como o barrido, raspado e limpeza da superficie de apoio, retirada de elementos soltos, aplicación do rego de adherencia con dotación 1 Kg/m2 de ECR-2, recheo con base de 5 centímetros, mínimo de aglomerado 25 centímetros nivelado e compactación, incluso posterior selado con area ou similar.

O alcalde Xosé Manuel, xunto co primeiro tenete de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, e Óscar González, concelleiro de Medio Rural e segundo tenente de alcalde, repasou os traballos que se van executar xunto cun técnico da Consellería de Medio Rural e outro da empresa contratada.