Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asistiu en representación do Concello á  primeira ‘Asemblea Ágora’ de Concellos Polo Espazo Público, na que deu a coñecer a batería de iniciativas que se desenvolverán ao abeiro do Plan Ágora en 2022 para recuperar espazos para as persoas.

Esta iniciativa, encabezada pola Deputación de Pontevedra, ten coma obxectivo abordar o reto social que é a recuperación do espazo público e a consecución de fondos para executar obras, para o cal a Deputación tramitará directamente directamente fondos europeos para proxectos xa maduros de cada un dos concellos da provincia, entre eles o das Neves.

Este mesmo venres, vai abrirse unha nova convocatoria de fondos da Unión Europea dotada con 6 millóns de euros que se verán incrementados con novas inxeccións, destinadas aos concellos de cara á intervencións municipais para a mellora de zonas para a cidadanía.

Neste sentido, o alcalde, subliña que o Goberno local das Neves aposta decididamente pola mellora da calidade urbana e pola necesidade de que formar un territorio no que se prioricen as decisións destinadas á recuperación de espazos para as veciñas e veciños.