O Goberno local das Neves está a elaborar un ‘Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca’. 

Este plan abrangue as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e, sinala o alcalde, “a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario”.

Dous talleres

Por iso, dende o Concello convídase a todos os veciños e veciñas  a participar nos seguintes talleres: 1.- Aberto dende o 18 ao 21 de novembro e 2.- Aberto do 23 ao 25, a través da web:  https://planemerxenciaseca.gal/as-neves

Programa dos talleres participativos

Taller 1: Sesión 0: Presentación e diagnóstico. Esta sesión inclúe os seguintes contidos:

  • Introdución.
  • Obxectivos.
  • Presentación do proxecto.
  • Presentación do diagnostico técnico.

Sesión 1: Avaliar as capacidades, o grao de coñecemento e sensibilidade social;  Sesión 2: Identificación de debilidades; Sesión 3: Identificación e caracterización preliminar de medidas e fortalezas; Sesión 4: Exposición pública e enquisa de avaliación.

Taller 2:  Sesión 0 (XERAL): Presentación. Esta sesión inclúe as seguintes actividades:

–        Introdución.

–        Presentación da estrutura do taller.

–        Obxectivos.

 Taller 2.1.- Identificación de zonas, poboacións e actividades vulnerables; Taller 2.2.- Definición de medidas para cada escenario.