AS LENDAS E COSTUMES, A TRADICIÓN, O PATRIMONIO, A GASTRONOIMÍA, ENOLOGÍA E CULTURA, DE AS NEVES, PRESENTES EN ‘CULTURGAL 2019’

Un ano máis o Concello de As Neves terá presenza na Feira da actividade cultural en Galicia, ‘Culturgal’, que se celebra en Pontevedra dende este venres, día 29 de novembro ate o vindeiro domingo, día 1 de decembro.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, representarán á vila que, nesta ocasión presentarán, este sábado, día 30 ás 12:30 h.as lendas, costumes e patrimonio que teñen formado e siguen a construir a historia do concello.

Tradicións

Entre elas terán especial relevancia as tradicións ancestrais, coma a a ‘Romaría de Santa Marta de Ribarteme’, que se celebra o 29 de xullo e que é globalmente coñecida pola súa procesión de cadaleitos, un rito asociado á ponte da Senra, lugar máxico no que se realizan bautizos prenatais.

Arte, música, cine

As Neves tamén fará gala da súa arte, convidando aos asistentes a coñecer o conxunto de esculturas de Redondelo; a música, que ten o seu punto central na Banda de Música Popular de Rubiós, que supera os 135 anos de historia ou a súa produción audiovisual, moi presenta en As Neves, dende o inicio do século XX, con figuras coma José Gil, pioneiro do cinema galego, ate hoxe.

Asociacións e propostas culturais

O Concello tamén presentará as diversas actividades promovidas e impulsadas por un importante número de asociacións culturais presentes nas 13 parroauias nevenses, e as que organiza a propia Concellería de Cultura e que abrangue propostas tan distintas coma o ‘Día de Rosalía’, o Outono de Teatro, Cinema de Inverno e a Primavera Musical.

Feiras

Por suposto, as feiras terán unha grande relevancia, en especial a Feira do Requeixo, que se abre ao público cada venres de Semana Santa, ou a Festa do Tinto das Rías Baixas, que, dende este 2019, se celebra cada 12 de outubro.

Durante estes días, As Neves difundirá en Culturgal a súa cultura, natureza, gastronomía, paisaxe, enología, e a incesante actividade culturasl que se espalla por todo a seu territorio e por todas as épocas do ano coa finalidade de aligran, animar, dinamizar e, encamiña toda a creatividade das súas veciñas e veciños.