A partir das 00:00 h. deste sábado 14 de agosto, As Neves estará en ‘nivel alto’ de restricións pola COVID-19, tal e coma ten decidido o Comité Científico que asesora á Xunta de Galicia.
Estes son os cambios máis destacados:
• As reunións entre persoas non conviventes pasan a restrinxirse de 01:00 h a 06:00 h.
• En hostalaría, para acceder ao interior dos establecementos, será preciso presentar certificado de vacinación ou proba diagnóstica de Covid-19 negativa. Neste sentido Sanidade xa adiantou que pedirá que a xustiza valide este requisito, logo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Toda a información das medidas en vigor pode consultarse en: https://coronavirus.sergas.gal/