As Neves recibirá 359.776,62€ do Plan de Investimento REACPON da Deputación de Pontevedra, segundo detallaron a presidenta deste organismo, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mera, durante a presentación do mesmo.

Esta cantidade supón o 90% dos 399.776,62€ destinados a acometer a humanización da travesía Eira Da Liñaza, dos que o Concello achegará 40.000€ de fondos propios.

REACPON

O REACPON mobilizará en conxunto, 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia de Pontevedra e transformar o territorio.

Este programa chegará a todas as comarcas con proxectos en 47 concellos de menos de 50.000 habitantes, e estará aliñado coa ‘Axenda 2030’ e cos fondos ‘Next Generation’.