Tal e coma anunciara hai un mes o Goberno local, este martes pasado, día 14 de xaneiro, comezou a andar o proxecto socio-‘Acompañados’, na parroquia das Neves, coa primeira das xuntanzas de 17 a 19 horas. O mesmo terá continuidade este mércores, día 15, na parroquia de San Cibrán, de 16 a 18 horas; seguirá o xoves, día 16, en Liñares, no mesmo horario, para retomar xa a semana que ven na parroquia de Setados de 17 a 19 h.

Retomar las relacións entre veciños e combater a soidade



‘Acompañados’ é unha actividade innovadora e pioneira, que non ten antecedentes en Galicia, que está a organizar o Concello, en colaboración con Avelaíña, unha asociación sen ánimo de lucro, e co financiamento da Fundación La Caixa.

Rafael Álvarez,  máximo responsable de Avelaíña sinala que o obxectivo deste programa é o de “facilitar as relacións entre veciños, mellorar a súa calidade de vida ao mesmo tempo que se mellora a comunidade na que vive, dentro de cada unha das parroquias das Neves”.

Ademais, supón unha axuda na labor cotiá a veciños e veciñas dun entorno rural, que en moitos casos viven illadas, especialmente no inverno, e “tecer lazos entre elas, de xeito que esas relacións persistan e sirvan para acabar coa sensación de soidade”.

Tres actividades en cada parroquia

Durante los próximos 6 meses, catro profesionais -Rosabel Rodríguez Ku, traballadora social, Lorena Francisco, psicóloga, unha técnica de emprego de Feafes Galicia e unha monitora especializada en actividades funcionais- con axuda de membros de Voluntariado de As Neves, poñerán en marcha tres actividades: Dinamización Comunitaria; Alfabetización Funcional e Procura de Emprego, en locais sociais das 13 parroquias das Neves e no propio Centro Social Municipal.

Dinamización Comunitaria

Está dirixida a veciños e veciñas maiores de 55 anos e abrangue actividades coma ‘transmisión de saberes’, obradoiros, estimulación cognitiva ou xogos que servirán para retomar e afianzar relacións ou reactivar o coñecemento. Esta actividade se realizará durante 2 horas por semana en cada parroquia.


Alfabetización Funcional

Pensada para maiores de 25 anos e menores de 65, coa que se pretende axudar a que poidan  entender un recibo, unha carta do banco ou unha notificación do Concello,  o Sergas ou de Tráfico e realizar trámites normais, coma pedir hora no médico ou reservar un billete de tren. Será na Biblioteca 2 horas por semana.

 


Procura de Emprego

Destinada a grupos de 15 persoas de máis de 25 anos e menores de 65, con participación tanto conxunta coma individual, durante 2 meses cunha periodicidade de 1,5 horas semanais.

Fotos das primeiras xuntanzas