O Concello comezou as obras na Casa da Xuventude que teñen coma obxectivo a renovación exterior do edificio para a mellora da eficiencia enerxética.
Durante as mesmas está previsto:
• Illar as fachadas e recubrilas de novo con paneis de poliestireno expandido.
• O sistema de carpintería exterior será totalmente novo, con outras cristaleiras con rotura ponte térmico e dobre acristalamento.
• As cubertas serán cambiadas para materiais que cumpran a normativa actual despois de renovar a subestrutura metálica sobre a que se fixa. No interior instalarase un falso teito de cartón-xeso con illamento de lá de 40mm.
• O chan interior tamén será renovado incluíndo o illamento con multicapa de espuma de polietileno e aluminio previo a tarima de alta resistencia.
• Ademais, procederase a melloras interiores na distribución, no alumeado, a preinstalación de nova calefacción, pintado e substitución dalgunha porta interior.
Logo do proceso de contratación, as obras serán realizadas por Cotoverde Obras e Servizos SL por un total de 192.632 euros dos cales o 80% son financiados polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía).