A programación de limpeza de vías municipais consta de traballos con 2 tractores e, alomenos, 1 brigada manual que comeza a inicios de maio e se desenvolve en arredor de 3 meses.
Máis de 40 hectáreas e 90 quilómetros de vías
A brigada combina a limpeza de áreas recreativas, escolas, parques e sendas coas vías máis estreitas e abrangue máis de 40 hectáreas nas beiras das vías municipais o que supón arredor de 90 quilómetros de vías.
Os traballos teñen a dificultade de que os que se comezan en maio, en agosto volven precisar a mesma limpeza.
Empezar antes os traballos non é efectivo, por iso o Concello aumenta as
horas de traballo dos tractores, con horas extraordinarias do persoal, dende o 15 de xuño ata o final. Faise dende esa data porque a partir dela é cando o desbrozado crece con menos potencia.
Limpar de novo
A partir de agora, o Concello continuará coa repetición da limpeza en zonas identificadas das parroquias que se limparon e maio e principios de xuño. Son áreas nas que a maleza volveu medrar moito e supón perigo xa que causa falta de visibilidade.
Tamén seguirá a actuación en vías menos prioritarias, como camiños principais de monte que conectan parroquias, acceso a zonas de fincas, etc.
Estes últimos traballos están programados sen repetición anual, é dicir, cada ano límpanse un diferentes para poder chegar a máis zonas.