#RequeixoNaCasa

Este ano, a causa das medidas de confinamento para frear a pandemia da COVID-19, a XXIX Feira do Requeixo e Mel non pode ser celebrada nas datas previstas e, como xa anunciamos anteriormente, será o 11 de outubro.

Pero, abril é un mes perfecto para consumir requeixo e mel, e nas Neves non imos deixar pasar a oportunidade de promocionar estes produtos tan bos e tan nosos.

Por iso lanzamos unha proposta especial que denominamos #RequeixoNaCasa. Un xeito de compartir o Requeixo e o Mel de igual maneira que o facemos na Feira, pero desta volta, dende a casa.

A idea básica é espallar polas redes sociais estes produtos subindo fotos e/ou vídeos coa etiqueta #RequeixoNaCasa nos que o requeixo e o mel sexan os protagonistas. Poden ser elaboracións ou degustacións de receitas, refráns, cancións ou mesmo historias relacionadas co requeixo e o mel.

ANÍMATE E PARTICIPA!

ENCHE AS REDES SOCIAIS DE REQUEIXO E MEL!

O material gráfico publicado polas persoas que participen nesta Feira dende a casa, pode ser proxectado na Feira que se celebrará o día 11 de outubro. Para iso é necesario envialo a cultura@asneves.gal (pedirase nome a indicar na marca de auga das imaxes/vídeos).