O vindeiro martes 19 de novembro celebraranse as I Xornadas Informativas “Discapacidade e dano cerebral adquirido” coa colaboración de Afaga, Adapta e Cogami.
Estas son unhas xornadas abertas que se celebrarán no Centro Social das Neves dende as 16 hs e que sirvirán para xerar coñecemento sobre aspectos sociais como o dano cerebral adquirido e outras discapacidades, así como as posibilidades e recursos a disposición na comarca do Condado.