Hoxe (29/04/2020), foi publicado no DOG a resolución que afecta á limpeza de terreos agrícolas e forestais como medida preventiva fronte aos indencios:
Continúa vixente a obriga de execución da xestión da biomasa prevista no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Isto implica a limpeza de terreos forestais e agrícolas (todo o solo considerado rústico) que se atopen dentro das franxas de protección antiincendios.
Os criterios que delimitan as franxas de protección pódense consultar no capítulo terceiro da Instrución 1/2018, do 26 de abril: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180507/AnuncioG0426-300418-0001_gl.pdf ) .
O prazo para a realización das actividades, que remataba o 31 de maio, con motivo do estado de Alarma, estenderase ata o 16 de xullo de 2020 inclusive.
As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que van levar a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado.
A fin de reducir ao imprescindible a mobilidade das persoas, recoméndase, nos casos en que así estea previsto no Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias; o seu desenvolvemento a través da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).
Enlace para ver o texto completo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200429/AnuncioG0426-280420-0001_gl.pdf
Podes descargar aquí, a Declaración responsable de xestión da biomasa á que se alude no texto Declaración responsable biomasa.