O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) sinala que As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19.

Agradecemento a Maite Isla

Este xoves, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a Concelleira de Benestar, Pilar González Casas, visitaron o taller de Maite Isla, en Ponteareas, para amosarlle o agradecemento polo seu labor na iniciativa solidaria de confección de mascarillas e material de protección para persoal sanitario, durante a crise da COVID-19.

Apertura de pasos da fronteira con Portugal

A Delegación do Goberno en Galicia vén de informar de que a partir do luns día 15, abrirán a circulación os pasos que comunican Salvaterra de Miño con Monção, Tomiño con Vilanova de Cerveira, e Arbo con Melgaço. Será de luns a venres en horario de 8:00 a 22:00 h.

Selección e contratación de persoal

Despois da reanudación dos procesos de selección de persoal, paralizados polo ‘Estado de Alarma’, resolveuse a contratación de 11 persoas ao abeiro do ‘Plan Concellos 2020’ e, hoxe mesmo, abriuse a convocatoria para contratar unha persoa para o posto de peón forestal que será financiado mediante ‘Aprol Rural’.