O Servizo Galego de Saúde (Sergas) indica que seguimos cun só caso de COVID-19 nas Neves.

Información sobre a actividade do Banco de Alimentos: 
Repartíronse este mércores a 16 familias varios lotes de alimentos de ‘Amigos de Galicia’, engadíndolles doazóns das veciñas e veciños do concello.
Vén de encargarse un arcón conxelador, para poder gardar o peixe conxelado, que nos ofrece a empresa Mascato de Salvaterra de Miño.
Realizáronse as xestións para poder recibir paquetes de arroz que doa a organización ‘Albufera Foods’.
Agradecemos a súa doazon ao supermercado Aliprox das Neves.
Colocáronse carteis e folletos informativos nas áreas de reciclaxe e nos establecementos abertos ao público con datos de contacto do Concello e de Servizos Sociais, ademais de información do Banco de Alimentos colaborativo, e da confección de mascarillas e batas solidarias, así como, información de utilidade sobre as mascarillas hixiénicas confeccionadas na casa que distribúe o Concello.

O Concello recibiu o seguinte material da Xunta: 2 bidóns de 5 L de desinfectante, 3 botes de xel, 5 caixas de mascarillas debotables, 3 caixas de luvas e 4 monos.