O Concello das Neves a través dun convenio financiado pola Consellería de Cultura inicia os traballos de escavación arqueolóxica dos Petróglifos da Coutada en Taboexa.
Estes traballos que tamén están acordados coa Comunidade de Montes derivan nun proxecto de sinalización e musealización da zona.
Eduardo Méndez Quintas é o arqueólogo director da escavación, un dos expertos máis recoñecidos na materia.