No Concello se está a levar adiante a substitución de luminarias na zona urbana que foron contratados pola Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación dos contratos para o cambio na maioría dos barrios das parroquias de Santiago, San Xosé e San Cibrán de Ribarteme, e tamén de Santa Eulalia e San Pedro de Batalláns.

Estas obras serán financiadas ao 80% polo Instituto de Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) cubrindo o Concello o restante 20%. Ademais, estes días recibiuse a aprobación da subvención do Fondo de Compensación Ambiental que permitirá, coa financiación do 100%, acometer o cambio das luminarias a tecnoloxía LED na parroquia de Cerdeira e un barrio de San Xosé.

Redución media de consumo dun 70%

Todos estes cambios son posibles grazas a un longo traballo para conseguir os recursos, que nos permitirán lograr unha moi importante mellora enerxética, ambiental e económica cunha redución media dos consumos dun 70%; ademais de quedar con luminarias e cadros totalmente novos.

Máis dun millón de euros

Óscar González, segundo Tenente-Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente,  subliña a eficiente xestión neste proceso, no que se conseguiu unha inversión total de máis de un millón de euros “dos cales as nevesas e neveses aportamos arredor dun 10%”.