O Goberno Municipal das Neves fai balance da xestión dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) nos últimos anos, nos que realizou unha aposta, firme e permanente, polo progreso deste importante servizo.

☝️ Dende 2016 levouse a cabo unha mellora substancial das instalacións destinadas aos RSU cun aumento no número de contedores ???? e unha ordenación dos espazos ocupados por eles a través da creación de áreas de reciclaxe. Ademais, dende 2017,  ♻️ As Neves adheriuse ao Plan Revitaliza da Deputación para fomentar a redución dos residuos da fracción resto (non reciclables), a través da compostaxe dos restos orgánicos que tiramos.

✌️ As cifras mostran unha consolidación do descenso da fracción resto e un aumento da reciclaxe. Así, se comparamos as porcentaxes de cada tipo de residuo respecto do total de residuos xestionados entre 2015 e 2020, vemos que se pasou do 93,7% ao 82,9% na fracción resto, do 1,5% ao 4,4% nos envases (plásticos, briks e latas), do 0,5% ao 2,6% no papel e cartón, e, do 4,3% ao 8,5% no caso do vidro. ???? Isto supuxo case triplicar a porcentaxe de residuos que se reciclan en menos de cinco anos, xa que se pasou do 6,3% ao 17,1%.

????Todas estas cifras amosan unha clara tendencia xeral que dá boa conta do esforzo realizado dende a área de Medio Ambiente, dirixida por Óscar González, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio, quen valora moi positivamente estes datos e lembra que queda moito por facer;

Animamos a todos os veciños e veciñas a reciclar e recalcamos a importancia da compostaxe, porque o mellor residuo é o que non se xera”.