O Concello das Neves avanza no desenrolo dun novo aparcadoiro na rúa Cruceiro. Trátase dunha iniciativa que permitirá resolver a falta de estacionamentos na contorna da rúa Entrecíns. As obras desenrólanse nunha parcela que é a porcentaxe da parte pública da unidade de execución nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) das Neves.
40 vehículos
O novo aparcadoiro contará cunha superficie duns 1.400 m2, con saída a rúa Cruceiro e limitará, tamén, coa Circunvalación. O mesmo terá capacidade para preto de 40 vehículos.
Inclúe a mellora do camiño do Mouro, en Taboexa
O proxecto ten custe total de 40.000,65 € e inclúe a mellora do camiño do Mouro, de 700 metros de lonxitude, na parroquia de Taboexa, completando os traballos na contorna dos petroglifos da Coutada.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e o segundo tenente de alcalde, Óscar González, supervisaron o inicio das operacións que abranguen a limpeza, preparación do terreo e aportación e compactado de zahorra artificial de 20 centímetros.