.

Coa financiación da Deputación de Pontevedra e a través do ‘Plan O Teu Primeiro Emprego’, unha Traballadora Social e un Enxeñeiro Técnico Agrícola iniciaron cadanseu contrato cunha duración de seis meses, prorrogables ata un ano.

A solicitude dos postos realizouse tendo en conta as necesidades actuais e de futuro. Na actual situación, a Traballadora Social será imprescindible para colaborar no departamento de Servizos Sociais nas tarefas de atención ás necesidades derivadas da Covid-19.

Pola súa banda, o Enxeñeiro Técnico Agrícola vai reforzar o departamento de Urbanismo e do Medio para avanzar nos traballos relacionados cos expedientes de xestión de biomasa, o Convenio con SEAGA para a xestión de franxas de protección contra incendios, a Aldea Modelo e outros proxectos que teñen que ver co desenvolvemento rural.

Alumnado IES Pazo da Mercé

Alumnado en prácticas do IES Pazo da Mercé tamén desenvolverá prácticas no Concello con funcións de colaboración na prevención da Covid-19 e na atención aos veciños e veciñas que precisen realizar xestións nas oficinas da Casa Consistorial