O Goberno local das Neves lamenta fondamente o falecemento do ex alcalde de Ponteareas, Xosé Represas. 

A adicación, a xestión e o traballo de Xosé Represas, quen deixou a Alcaldía a finais do pasado mes de abril, foi un referente no eido local e a súa personalidade, aberta e cálida, fixo medrar unha amizade fonda e entrañábel con todos os membros do Goberno local das Neves.

O Concello das Neves transmite á súa familia todo o seu agarimo e o seu fondo pesar ás veciñas e veciños, á Corporación e a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández.