Que é?
• É unha nova prestación económica non contributiva da Seguridade Social, aprobada polo Consello de Ministros do Goberno do Estado, que garante uns ingresos mínimos a quen carece deles.
• É compatible con outros ingresos e axudas.

Que requisitos hai que cumprir para solicitala?
• Ter entre 23 e 65 anos, ou 18, con persoas menores ao cargo.
• Cumprir un ano de residencia legal en España.
• Ter vivido de xeito independente un mínimo dun ano no caso das familias, e tres anos no caso de persoas que viven soas.
• No caso de unidades de convivencia, estar formada polo menos un ano antes da solicitude.
• Ter solicitado previamente as prestacións ás que pode ter dereito.
• Estar inscrita/o na Oficina de Emprego.
* Xa se pode facer unha simulación para comprobar se se cumpren os requisitos e saber o importe aproximado que lle correspondería premendo aquí

Cando e onde solicitala?
• Poderase solicitar a partir do 15 de xuño na Sede Electrónica da Seguridade Social: https://bit.ly/3eNBD3j
• No caso de precisar axuda para realizar a solicitude, poderase facer a través dos Servizos Sociais do Concello. Para isto, será necesario pedir cita previa, chamando a un dos seguintes teléfonos: 986 66 71 34 ou 689 98 42 10.

Documentación a presentar
DNI ou pasaporte da persoa solicitante e das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
Inscrición no rexistro central de estranxeiros ou autorización de residencia, de ser o caso.
Certificado de empadroamento onde consten todas as persoas empadroadas no domicilio.
Libro de familia ou certificado do Rexistro Civil correspondente que acredite a relación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.

*Toda a información sobre o IMV en: https://bit.ly/2BxdiR8.
*Texto completo do RDL 20/2020 publicado no BOE o 1 de xuño: https://bit.ly/2XYgQ6u.