Dende o Concello das Neves lamentamos profundamente a morte dun dos nosos veciños, este sábado pola mañá nun incendio na súa casa da rúa Entercíns.
No incendio resultaron feridos a súa muller e os seus dos fillos de 7 e 11 anos de idade, que ainda continúan internados no Hospital Álvaro Cunqueiro.
O alcalde transmitiu persoalmente aos seus familiares o abeiro e o agarimo da Corporación e de todas e todos os nevenses nunha situación tan dificil e dolorosa. Tamén, aos compañeiros do garda civil que axudou no seu rescate e que tivo que recibir atención médica.
O Concello vén de poñer a disposición desta familia unha vivenda municipal, que está aberta para eles dende hoxe, e que o alcalde visitou este mediodía. Así mesmo, o Goberno local agradece todo o apoio e todas as iniciativas solidarias en marcha, pero insiste en que os Servicios Sociais Municipais cordinan a axuda e a atención das necesidades de Fátima e dos seus fillos.
Este sábado, en sinal de respecto, as luces de Nadal estarán apagadas dende ás sete e cuarto da tarde, coincidindo coa hora da mañá á que empezara o incendio.