O Goberno local vén de rematar os traballos de reparación dos parques infantís de Vide, A Estación, Cerdeira e a rúa Eira da Liñaza. Nestas semanas reparáronse distintos elementos e colocáronse outros novos.
Nos de Cerdeira e A Estación melloraronse tódolos elementos, incluíndo a substitución dos máis deteriorados. O parque da Eira da Liñaza precisaba dunha limpeza a fondo do caucho, e a reparación dos elementos incluídos os tellados e caseta do xogo múltiple.
Os traballos contaron cun orzamento de 21.800€, financiados con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, aínda que no parque da Chan de Vide tamén se renovou a varanda debido á proximidade de varias vías, e acometéronse outras melloras en todos eles, como a reparación de peches, nestes casos con fondos do Concello.