Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, veñen de solicitar, de novo, unha reunión co  Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico,  Ismael Aznar Cano.

Liña de moi alta tensión

Os dous alcaldes reiteraran, unha vez máis, ao director Xeral a necesidade de que o Goberno do Estado atenda as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da liña de moi alta tensi´ón da  LAT 400  KV, entre  Fontefría e a Fronteira Portuguesa.

Xuntanza en febreiro de 2020

En febreiro de 2020, Horacio Gil e Xóse Manuel Rodriguez, mantiñan unha reunión en Madrid co director xeral ao que deron a coñecer o rechazo dos dous municipios a todos os trazados que se plantexaron ata ese momento.

A instancia dos dous alcaldes, o director xeral consultaría con Red Eléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata o de agora.

Pasado un tempo prudencial desde a consulta previa relativa  ao “Estudio de trazado entre os apoios  T-37 e  T-43 da L/400  kV  Fontefría-Fronteira Portuguesa” elaborado por “‘Red Eléctrica en  xuño de 2019 e a consulta transfronteiriza do proxecto portugués “Linha Dupla Ponte de Lima –  Fontefria,  Troço  Português, a 400 kV“, os alcaldes de Arbo e de As Neves, diríxense a esa Direción Xeral, para tratar o estado de tramitación do proxecto entre  Fontefría-Fronteira Portuguesa e, do mesmo xeito, coñecer a opinión e a posición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demógrafico sobre este trazado e reiterar que se atendan as peticións dos veciños e veciñas molestos por este proxecto.

Propostas ao Goberno dende o Congreso dos Deputados

Os dous alcaldes, a través dos seus representantes políticos, Horacio Gil, por medio do Partido Popular, e Xosé Manuel Rodríguez, polo BNG, presentaron propostas ante o Goberno de España para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da Linea de Alta tensión

No caso das Neves, o Diputado do BNG no Congreso, Néstor Rego,  reclamou ao Goberno no mes de xuño deste ano que atenda as alegacións presentadas polas distintas administracións, asociacións e colectivos pola afectación que provocará o proxecto de trazado que propón Red Eléctrica.