O Goberno local vén de rematar os traballos de reparación dos parques infantís de Vide, A Estación, Cerdeira e a rúa Eira da Liñaza. Nestas semanas reparáronse  distintos elementos e colocáronse outros novos.  

Nos de Cerdeira e A Estación melloraronse tódolos elementos, incluíndo a substitución dos máis deteriorados.  O parque da Eira da Liñaza precisaba dunha limpeza a fondo do caucho, e a reparación dos elementos incluídos os tellados e caseta do xogo múltiple.

Os traballos contaron cun orzamento de 21.800€, financiados con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra,  aínda que no  parque da Chan de Vide tamén se renovou a varanda debido á proximidade de varias vías, e acometéronse outras melloras en todos eles, como a reparación de peches, nestes casos con fondos do Concello.