Teatro, cine e documentais centran a programación de ‘Cultura no Outono’, impulsada pola Concellería de Cultura do Concello das Neves.
A mesma empeza o vindeiro domingo ás 18:30 h. coa obra ‘Invisibles’, a cargo da compañía ‘Redrum Teatro’.
Invisibles é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Está protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.
11 de outubro
A programación segue o domingo 11 de outubro, ás 18:00 h. no mesmo escenario do Auditorio Municipal, con ‘Rosalía’, de Culturactiva. Trátase de algo máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro: é un espectáculo necesario.
Nesta montaxe as nenas e nenos descubrirán en Rosalía a unha cativa alegre, forte e curiosa, coma elas e eles, que vive, xoga e goza o país da nenez.
15 de novembro
As butacas do Auditorio pasan a ser as dun cine, ás 19:00h. proxéctase ‘O que Arde’, a película do director lucense Oliver Laxe, gañadora do Premio do Xurado no festival frances de Cannes; de dous Premios Gaudí, ao Mellor filme europeo e Mellor Fotografía, e de dous Premio Goya, á Mellor Fotografía e Mellor Astriz Revelación (para Benedicta Sánchez).
Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea logo de cumprir condena por ter provovado un incendio. Volta a casa, nunha aldea das montañas de Lugo na que volverá a vivir, con Benedicta, a súa nai.
29 de novembro
Segue o cine, ás 19:00h. con ‘As tres caídas de María Santiso’, de Roberto Alvite, con Lucía Veiga, Nanda Tasende, Tatiana Mouro, Marita Martínez, Roberto Alvite, Carla Capeáns e Tito Refoxo.
Como na casa en ningures. María Santiso leva moitos anos vivindo soa. É unha muller de conviccións fortes…pero vai ter unha visita e as convicción poden caer polo seu peso.
13 de decembro
No mesmo lugar, o Auditorio Municipal, proxéctase, ás 19:00 h. ‘Noite irisada’, da directora Bea Vázquez Campaña. Trátase dun soberbio documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.
Noite Irisada (avance)En nada estreamos documental, hoxe estreamos avance. Que vos guste, que vos preste…
Gepostet von Noite Irisada am Dienstag, 21. Mai 2019
En todas e cada unha das actividades programadas seguirase o Protocolo COVID.
As reservas poden facerse en bit.ly/culturaoutono e tamén mediante o teléfono móbil no Código QR que figura na imaxe principal que acompaña esta nova.