O vindeiro xoves, día 17, ás 21:00h., na Casa de Auga da parroquia de Vide, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, á fronte de todo o equipo do Goberno local, mantén unha xuntanza con veciñas e veciños para informarlles sobre as alegacións presentadas diante do Ministerio de Industria, contra o novo trazado da liña de alta tensión.
Dacordo coa información de Red Eléctrica Española, o novo trazado, polo que circularán máis de 400.000 voltios, sairá de Fontefría, en A Cañiza e entrará en Portugal pasando moi preto de vivendas da parroquia nevense de Vide, algo ao que se opón completamente o Concello.
O alcalde amósase “absolutamente contrario” a este proxecto de trazado xa que entende que a súa proximidade ás casas, “tanto de As Neves coma de Arbo”, non é aceptable e, “presentamos estas alegacións agora que o trazado non é definitivo e o proxecto está en fase informativa”.
Para o Goberno local este novo percorrido do tendido ten alternativas é, sobre todo, non hai xustificación na súa proximidade a zonas habitadas considerando os danos que poden ocasionar o campo electromagnético.