O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, vén de manter distintos contactos co xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar dous temas: a retirada da torre de Fenosa, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil, e a mellora do acceso As Neves pola parte sur.
Torre de alta tensión
No que se refire á retirada da torre de alta tensión, é unha demanda altamente agardada polo Goberno municipal, que é xa unha necesidade irrenunciabel nunha zona na que están o pavillón municipal de deportes e dous centros de ensino. A mesma está situada no medio da aparcadoiro moi transitado durante o curso escolar que o Concello quere reformar para facilitar a entrada e saída dos estudantes, tanto dos que se desprazan en bus como dos que o fan nos vehículos familiares. A demolición da torre depende xa da resolución de problemas burocráticos, que deben solucionar a Xunta de Galicia e Naturgy- a antiga Fenosa-.
Acceso sur ás Neves
O alcalde tamén plantexou ao xefe provincial, a necesidade e mellora do acceso ás Neves pola parte sur, na rotonda de Setados. Xosé Manuel Rodríguez Méndez, subliñou que esta reforma é ainda máis “urxente”, logo dos cambios ao redor da Plataforma Loxística (PLISAN), co fluxo de tráfico desviado pola estrada PO-400, da cal é titular a Xunta.
O rexedor obtivo o compromiso do xefe de servizo de levar a cabo os correspondentes estudos económicos para a devandita reforma e presentar os mesmos á Consellería de Infraestrururas e Mobilidade de cara á adecuación dos accesos reforzando a súa seguridade.