A partir de agora, o punto verde habilitado será unicamente o situado na parte alta do Punto Limpo das Neves. Este punto verde está aberto e serve para depositar só restos de poda.
O Goberno municipal ten que tomar esta decisión debido a que non se están a utilizar correctamente os puntos verdes actuais que son só para restos de poda que servirían para triturar e converter en estruturante para os composteiros.
Alí aparecen herbas, carozos de verzas, videiras de viña, madeira, electrodomésticos ou plásticos, facendo que os puntos verdes das
parroquias se convertan en vertedoiros e non podemos permitilo.
Os restos de limpeza de fincas ou viñas deben acumularse para podrecer ou trituralos no propio lugar, sen desprazalos, e tendo como última opción a posibilidade da queima, solicitando o permiso ou autorización pertinente.
As persoas que precisen estruturante para uso do composteiro doméstico poden recollelo no punto limpo levando algún recipiente ou saco.
Lembramos que o punto limpo segue a ter o horario de apertura habitual martes, xoves e sábado de 10:00 h a 14:00 h.