Este luns presentouse nas Neves o ‘VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja’. Dende o venres, día 25, ata o domingo, 27 de xuño, os equipos das categorías Èlite, Aventura Masculino, Aventura Feminino e Aventura Mixto, percorrerán 185 quilómetros, divididos en 3 etapas e 11 seccións.
Para os equipos Orienta Raid e Xuvenil, o Raid terá unha distancia de 127 quilómetros, divididos en dúas etapas e 10 seccións, e de 43 quilómetros para os equipos Orienta Raid Curta, cunha etapa e 4 seccións, todas elas o domingo, día 27.
Resistencia e navegación
O Raid de Aventura é unha competición ‘multidisciplinar’ que ten coma obxectivo probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia de equipos en completa autonomı́a. Os participantes deben completar un extenso percorrido de orientación, no menor tiempo posible, superando as dificultades naturais que atopen aos seu paso, sempre sen usar medios motorizados.
O percorrido está sinalado e é segredo ata a saída: isto supón a necesidade de obter a información do trazado por fontes non habituais, coma o mapa. A mesma orografía, a vexetación e os obstáculos naturais son os que marcan os atractivos e dificultades desta proba.
Participantes
Para participar no ‘VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja’ é obrigado estar en posesión da licencia de Raid da Federación Española de Orientación (FEDO), ou ben estar tramitando a licencia dun día.
Inscricións
As inscricións deben realizarse na plataforma TRACKTHERACE, no seguinte enlace: https://tracktherace.com/es/vi-raid-do-condado-marques-de-vizhoja-cera-2021
O máximo de equipos este ano, para cumprir cos protocolos Covid-19 esixidos, será de 75, por orde de inscrición. Agora mesmo quedan so tres prazas libres.