Os Servizos Sociais do Concello das Neves tramitaron, dende o pasado luns, día 15, un total de 23 solicitudes da renda de Ingreso Mínimo Vital (IMV).
As Neves é un dos primeiros concellos que comezou a axudar ás súas veciñas e veciños a facer a solicitude do IMV.
“A maioría das persoas que acudan ao Concello para que lles axudemos coa solicitude, non dispoñen de medios ou coñecementos para tramitala por si mesmas, por iso dende o Goberno municipal consideramos que era un servizo que tíñamos que ofrecer”, sinala a concelleira de Benestar Social, Pilar González Casas.
A concelleira lembra que o pasado día 4 de publicouse información sobre o IMV na páxina web do Concello, e tamén informouse ás veciñas e veciños mediante carteis.
Gonzalez Casas, reitera que se trata dunha prestación non contributiva da Seguridade Social, “compatible con outros ingresos e axudas”, que poden solicitar persoas de entre 23 e 65 anos, “ou 18 se teñen alguén ao seu cargo”.
Dende o pasado día 15 xa se pode solicitar entrando na Sede Electrónica da Seguridade Social e, aquelas persoas que precisen axuda para realizar a solicitude, teñen á súa disposición os Servizos Sociais do Concello, pedindo cita previa, chamando a un destes teléfonos: 986 66 71 34 ou 689 98 42 10.