O Goberno local das Neves está a elaborar un ‘Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca’.
Este plan abrangue as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e, sinala o alcalde, “a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario”.
Dous talleres
Por iso, dende o Concello convídase a todos os veciños e veciñas a participar nos seguintes talleres: 1.- Aberto dende o 18 ao 21 de novembro e 2.- Aberto do 23 ao 25, a través da web: https://planemerxenciaseca.gal/as-neves
Programa dos talleres participativos
Taller 1: Sesión 0: Presentación e diagnóstico. Esta sesión inclúe os seguintes contidos:
- Introdución.
- Obxectivos.
- Presentación do proxecto.
- Presentación do diagnostico técnico.
Sesión 1: Avaliar as capacidades, o grao de coñecemento e sensibilidade social; Sesión 2: Identificación de debilidades; Sesión 3: Identificación e caracterización preliminar de medidas e fortalezas; Sesión 4: Exposición pública e enquisa de avaliación.
Taller 2: Sesión 0 (XERAL): Presentación. Esta sesión inclúe as seguintes actividades:
– Introdución.
– Presentación da estrutura do taller.
– Obxectivos.
Taller 2.1.- Identificación de zonas, poboacións e actividades vulnerables; Taller 2.2.- Definición de medidas para cada escenario.