PROCESO DE REGULARIZACIÓN DO CATASTRO

O Ministerio de Facenda puxo en marcha no ano 2017 un proceso de regularización catastral nas Neves e noutros concellos do país que derivou na alta no imposto de construcións e revisión de valoracións doutras que xa estaban de alta. Nese proceso impuxeron un pago ou multa de 60 euros a cada propietaria/o e agora pasan ao cobro os 4 anos que consideran de atrasos.

O Concello das Neves dende o primeiro momento opúxose ao proceso no que se impuñan multas de 60 euros e se daban de alta, ata como vivendas, cubertos e outras construcións propias de Galicia.
Por iso daquela e agora de novo xestionamos co Catastro para que haxa un lugar no que poder consultar e ser asesoradas/os nas reclamacións para que as veciñas e veciños teñan o menor impacto posible a unha decisión errada do goberno do Estado Español.