Hoxe, venres 18 de decembro, dá comezo a programación de Nadal, marcada pola pandemia da Covid-19.
Se inicia coas visitas do Apalpador ás escolas unitarias de Rubiós e Taboexa e ao patio de Infantil do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.
A partir do domingo, día 20 e, ata o 7 de xaneiro, haberá actividades de lecer xuvenil na Casa da Xuventude, que abrirá de martes a domingo de 17:00 h a 22:00 h (agás os días 24 e 31, que pechará ás 21:00 h).
Entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro, desenvolveranse as ludotecas de Nadal para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos en horario de mañá e de tarde. Actividade previa inscrición que xa foi pechada.
Fin de semana 26 e 27 de decembro
Na seguinte fin de semana (26 e 27 de decembro) teremos un pasarrúas do Apalpador polo Centro Urbano, o sábado 26 de decembro a partir das 12:00 h. E, o domingo 27 ás 18:30 h, no Auditorio Municipal, haberá unha sesión de teatro familiar coa obra Carabela da compañía Galeatro.
Os agasallos de Reis, nas escolas
Para finalizar, e debido a que este ano non é posible realizar a Cabalgata de Reis, os agasallos para os máis pequenos e pequenas van deixarllos nos centros de ensino; a Galiña Azul, a Escolas de Unitarias de Rubiós e Taboexa e o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.