O Ministerio de Sanidade publica hoxe unha Orde pola que se establece unha nova prórroga da validez dos certificados de ITV de vehículos.
Ata agora, a validez estaba prorrogada de xeito automático 30 días despois da finalización do estado de alarma (SND/325/2020, de 6 de abril).
Para posibilitar a realización do elevado número de inspeccións que quedaron pendentes trala declaración do estado de alarma, que supuxo o peche das estacións de ITV, vese necesario fixar novos períodos de prórroga dos certificados que serán de aplicación a partir de hoxe, 16 de maio de 2020.
Acceso ao texto completo do BOE: https://bit.ly/2z1ol43