O Concello vén de rematar os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol ‘Pepe Capón’.
Os mesmos comezarán o pasado día 15 de maio e consistiron no cambio dos 6.842 metros cadrados de herba artificial que tiña o terreo de xogo por céspede coa certificación FIFA Quality Pro.
O orzamento final foi de 126.868,50 €, que se financiarán coa axuda para bens públicos danados polo incendio de 2017 achegada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública (49%), a aseguradora MAPFRE (23%) e Fondos do Plan Concellos da Deputación (28%).
Nos vindeiros días estará nas Neves unha empresa certificadora que entregará do selo Fifa Quality ao novo céspede.