Festas e romerías Qué facer Visita As Neves
Ermita de San Nomedio, trialera, Santiago de Riberterme, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España
Map
Romaría celebrada no cumio do monte Sandomedio, pertencente á parroquia de Taboexa cada 7 de agosto, que serve de punto de encontro e intercambio cultural.
Dende algunhas das parroquias limítrofes organízanse andainas ata a romaría, mesmo existen grupos de persoas que se desprazan ata a zona o día anterior acampando xa no día previo ao festexo.
Celébrase unha misa normalmente ás 13:00 horas. A festa prolóngase dende a primeira hora da mañá durante todo o día. Os actos acompáñanse de música tradicional, postos de comida e bebida, etc.
Ademáis atópase moi preto a Área Recreativa de Pousadouro onde moitas persoas que se desprazan a esta celebración aproveitan para comer e descansar nun entorno natural e tranquilo.