Financiado integramente cos fondos de compensación ambiental, con un total de 14.541,65 €, vén de acometerse a obra no barrio da Moreira, na parroquia de Taboexa.
Os traballos consisten no cambio do cadro de mando e de 29 puntos de luz. As características das novas luminarias de corpo de aluminio son unha potencia de 31,1 Watios e 3000 Kelvin de temperatura ou color. Características idóneas para zonas rurais e que cumpren coas actuais esixencias normativas sobre a eficiencias enerxética e a contaminación luminosa.
Nos vindeiros meses continuará a renovación total do alumeado público das Neves coas mesmas características financiada nun 80% polo IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético).
Aforro do 70%
Con estes proxectos conséguese a actualización de tódalas luminarias do territorio realizando unha mellora da eficiencia enerxética, co que se acadará un aforro de custes na facturación por consumo de electricidade de ata o 70%, que poderá destinarse a outras necesidades da veciñanza. Ademais, tamén se reduce a contaminación lumínica.