O Concello impulsa o seminario en liña “Por unha boa escola en tempo de Coronavirus”, este sábado, día 25, de 19:00 a 21:00h, impartido por Francesco Tonucci, pedagogo, creador do proxecto da rede de “Cidades dos Nenos” da que forma parte o Concello das Neves.
O plantexamento do mesmo é o de aproveitar a situación paragóxica creada por esta pandemia para imaxinar un cambio. Aproveitar a familia e a casa coma unha escola distinta, sen clases e sen deberes. Intentando respectar a lei, artigo 29 da Convención de Dereitos do Neno que di: “a educación do neno deberá estar encamiñada a desenvolver a personalidade, as aptitudes e a capacidade mental e física do neno ata o máximo das súas posibilidades”.
O seminario está estruturado nos temas:
o A casa como taller tecnolóxico
o A cociña como laboratorio de ciencia
o A natureza nas macetas
o A lectura, o teatro familiar
o A historia dentro do caixón
o A literatura: o diario segredo
o Os vídeos feitos na casa
o Xogar, non só videoxogos
o A casa como escola e os pais como asistentes
A Inscrición pode facerse entrando en: https://bit.ly/3aBtHj4