A partir do vindeiro 30 de agosto Seaga comezará coas execucións subsidiarias na limpeza das fincas e montes.
Ata o de agora Seaga estivo traballando nas tres parroquias priorizadas que están dentro do convenio coa Xunta (Liñares, Tortoreos e As Neves). Os traballos foron nas zonas onde os
propietarios asinaron contrato con Seaga.
A partir do 30 de agosto Seaga comezará a limpar as parcelas que non están limpas ou libre de especies arbóreas non permitidas. Serán parcelas nas que os donos foron notificados e non actuaron ou parcelas nas que non foi posible notificar a ningún propietario.
As execucións subsidiarias suporán a limpeza total das faixas de protección de incendios destas parroquias. O custe moito máis alto que o do convenio será repercutido aos propietarios que incluso poderán recibir unha sanción para incumprimento da lei de incendios.
Asinar contratos con SEAGA
O Concello recorda, anima a que as persoas propietarias asinen contrato con Seaga e poden facelo en calquera momento mentres non se teña producido a limpeza.
Para iso poden dirixirse ao Concello que lle axudará e informará sobre como a asinar o contrato con Seaga que permite limpar 1.000 metros cadrados por so 35€ ou a proporción que corresponda.