O respecto, a igualdade e tolerancia son o camiño, non o destino. Se cadra, hai que tecelo como fixeron 10 veciñas das Neves, que compuxeron o lenzo que este venres lembraba que o Día contra a Violencia de Xénero non é un so día: son todos.
Máis de 400 aplicacións de ganchillo unidas para dar este pano que estará exposto as vindeiras semanas diante do edificio de Servizos Sociais.
Foi esta concellería a que propuxo hai este “Ganchillo Solidario contra a Violencia de Xénero” que conmemora o 25N. A súa titular, Pilar Gonzalez Casas, acompañada do alcalde e de membros do Goberno local, agradeceu o espléndido traballo ás voluntarias, nun acto na que sinalou que a sociedade precisa “conciliación e corresponsabilidade”.
A concelleira engadiu que lograr acabar coa violencia de xénero será mérito das mulleres e nos levará a “vivir nunha sociedade que será máis xusta, maís libre e máis igual”.