Este martes, día 28 de setembro, a Unidade móbil de Doazón de Sangue estará fronte ao Centro de Saúde en horario de mañá (10:00 a 14:00 h) e de tarde (16:00 a 21:00 h).
Galicia precisa 500 donacións de sangue ao día para dar resposta ás necesidades dos hospitais.
A Axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS), sinala que a túa doazón de sangue pode axudar a máis dun doente xa que os compoñentes sanguíneos empréganse por separado e poden salvar ata 3 vidas.