Blog

24 Mai
0

O Concello das Neves lamenta o falecemento de Xosé Represas, ex alcalde de Ponteareas

O Goberno local das Neves lamenta fondamente o falecemento do ex alcalde de Ponteareas, Xosé Represas. 

A adicación, a xestión e o traballo de Xosé Represas, quen deixou a Alcaldía a finais do pasado mes de abril, foi un referente no eido local e a súa personalidade, aberta e cálida, fixo medrar unha amizade fonda e entrañábel con todos os membros do Goberno local das Neves.

O Concello das Neves transmite á súa familia todo o seu agarimo e o seu fondo pesar ás veciñas e veciños, á Corporación e a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández.  

Ler Máis
21 Mai
0

O 88% das incidencias comunicadas a través da App ‘Línea Verde’ xa foron solucionadas

O Concello de Neves apunta o éxito acadado logo da implantación da aplicación ‘Línea Verde’. Desde que o servizo se puxo en funcionamento, a participación cidadá creceu de xeito exponencial. Isto demostra unha resposta efectiva por parte do Concello na resolución de incidencias rexistradas polas veciñas e veciños.

Máis de 2.000 incidencias

Ata a data recibíronse 2.086 incidencias, das que o 88% xa están resoltas. O tipo de incidencias máis frecuentes son as referidas a “Alumeado”, seguidas de “Recollida para o punto limpo”, “Estradas rurais e urbanas”, “Xardinería” e “Edificios públicos”.

Grazas á implicación directa da veciñanza, o Concello puido levar a cabo accións áxiles. Ademais, foi consciente de certas necesidades que non se tiñan identificado.

Cómo empregar a aplicación ‘Línea Verde’?

Para empregar este servizo é necesario descargar de balde, no teléfono móbil ou na tablet, a aplicación ‘Línea Verde’ a través de Google Play ou APP Store (Android / iOS) e seleccionar o municipio: As Neves.

O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para informar dunha incidencia, só hai acceder a “Nova incidencia” e seleccionar tipo de incidencia. De xeito automático, a APP detecta as coordenadas exactas onde se localiza o dano.

O seguinte paso é achegar unha foto e información sobre a incidencia e, finalmente premer sobre “enviar”.

Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe a notificación dos danos
denunciados. A partir deste momento inícianse os trámites para resolver a incidencia rexistrada. A veciña ou veciño, á súa vez, recibe unha notificación no seu teléfono móbil sempre que se produce un cambio no estado da mesma.

Tamén se pode acceder ao servizo ‘Línea Verde’ a través da web www.linaverdeasneves.gal.

Dende o Concello amosan a satisfacción polos resultados obtidos e animan á veciñanza a seguir empregando esta canle de comunicación directa.

Ler Máis
21 Mai
0

As Neves, en FITUR

Este xoves, como seguiron en direto as veciñas e veciños das Neves que seguiron a retransmisión nas redes sociais do Concello, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, estivo presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, en representación do ‘Xeodestino Condado Paradanta’, xunto con Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño.

Recoñecemento á mellora de calidade turística

Pola mañá recibiron da Secretaría de Estado de Turismo e da Federación Española de Municipios e Provincias o diploma de recoñecemento ao compromiso pola mellora continua da calidade turística e ao esforzo para a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística, SICTED no
territorio.

Pola tarde tivo lugar a presentación do destino Condado Paradanta, “Un territorio por descubrir”, conducida polo xornalista Terio Carrera, na que estivo presente o alcalde, e que foi emitida en directo por streaming.

Ler Máis
18 Mai
0

A Unidade móbil de Doazón de Sangue nas Neves, este mércores

A Unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) estará nas Neves este mércores, día 19.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade e facer fronte ás necesidades derivadas de atención de urxencia e intervencións cirúrxicas… e a nosa colaboración é fundamental.

Este mércores, a unidade mobil de doazón estará fronte ao Centro de Saúde entre as 10:00 a 14:00h. e as 16:00 a 21:00 h. Recoméndase solicitar cita para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

Dende o Concello animamos a doar e agradecemos a colaboración de todas e todos.

Ler Máis
18 Mai
0

O alcalde recibe a primeira dose de Pfizer e anima a todas e todos as veciñas e veciños das Neves a vacinarse

O pasado martes 4 de maio a Concelleira de Benestar, Pilar González recibiu a primeira dose da vacina fronte a Covid-19 de AstraZeneca; o pasado día 8, o 1º Tenente-Alcalde Marcelino Couto,  vacinouse tamén e hoxe foi a quenda do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez,  quen recibiu a primeira dose de Pfizer-BioNTech e recebirá a segunda en 21 días.

O Goberno Municipal fai un chamamento á tranquilidade e anima a todas as veciñas e veciños a vacinarse, recalcando a seguridade destes fármacos e a súa importancia para poñer fin á pandemia e avanzar na recuperación cara a normalidade.

Ler Máis
18 Mai
0

O alumnado do Instituto achégase ás Comunidades de Montes grazas ao ‘Monte nace na Escola’

A enxeñeira Agrícola, Alejandra Fernández, e o Tenente de Alcalde
e Concelleiro de Medio, Óscar González; deron unha charla sobre as Comunidades de Montes ao alumnado do IES Pazo da Mercé.

Con esta actividade, incluída dentro do proxecto ‘O Monte nace na Escola’, tratouse de achegar á mocidade a orixe e importancia destas entidades de xestión dos montes en man común.

Ler Máis
18 Mai
0

‘Letras Galegas 2021’ nas Neves, seguimos coñecendo a Xela Arias

Imaxe: Xerais/Segue adiante a semana das ‘Letras Galegas’ nas Neves, adicada á poeta, escritora, editora e tradutora lucense Xela Arias.

Este martes 18 de maio:
“Letras Galegas 2021”: Máis alá da escrita, Xela foi tradutora e editora‘.



Ler Máis
16 Mai
0

‘Día das Letras Galegas’, coñecendo a Xela Arias

Este ano a figura homenaxeada no ‘Día das Letras Galegas’ é Xela Arias (Sarria 1962-Vigo 2003), autora moi descoñecida para a maioría. Por iso, ademais da actividade do día 19, dende o Concello das Neves queremos espallar a súa vida e a súa obra falando dela durante toda a semana. 

???? Luns 17 de maio:
‘Día das Letras Galegas 2021’.  “Escribir, para min, é un acto de liberdade” é unha das súas frases icónicas, pero pouco máis se coñece desta autora lucense, inconformista e vangardista.

Para achegarnos a ela, iniciamos este luns a semana Coñecendo a Xela Arias grazas á serie documental realizada pola Real Academia Galega. ‘De Sarria a Vigo, as orixes de Xela’. 

 

Ler Máis
16 Mai
0

Monçao, As Neves e os veciños afectados reforzan a contestación á liña de moi alta tensión

Co proxecto da liña de moi alta tensión sobre a mesa (LAT), tivo lugar unha reunión de traballo entre o presidente da Cámara Municipal de Monção, António Barbosa, o alcalde das Neves, Xosé Manuel  Rodríguez Mendez, e o presidente da ‘Asociación de Rozas Vide’, de Afectados Pola Liña de Alta Tension FontefriaFronteria Portuguesa, Vítor Gil.

Á vista da situación  e de todas as posicións contrarias ao proxecto, manifestadas ata hoxe, acordouse o establecemento dun conxunto de medidas de reforzo en contra da liña de moi alta tensión

Liña eléctrica de 400 Kw que pode chegar ata os 800

Monçao e As Neves, como outros concellos localizados na zona fronteiriza, manifestan o seu “desacordo total” con este proxecto que pretende instalar unha liña elétrica de 400 Kw (que poden chegar ata os 800) desde Fonte Fria, en Galicia, até a fronteira portuguesa.

Oposición unánime 

Durante o ano 2019, tanto a Assembleia Municipal de Monção, como o Pleno do Concello das Neves,  aprobaron, “por unanimidade”, unha proposta rexeitando o proxecto. Ano e medio máis tarde, no período de consulta pública, os dous concello amosáronse, de novo contrarios ao mesmo, de forma bastante explicita e, xa máis recentemente, neste ano 2021, alegaron novamente, xunto a outros colectivos sociais,  en contra da instalación da LAT.

Perigos para a sáude pública

Os dous alcaldes e o representante da asociación de afectados, entenden que  a instalación e funcionamento da  liña de moi alta tensión “terá un impacto brutal nos territorios e nas veciñas e veciños, orixinando diversos problemas para a saúde pública”, tal e como conclúen investigacións publicadas en distintas publicacións especializadas e estudos realizados por diferentes organismos.  

Medidas para favorecer ás ‘potencialidades’ locais

Por isto, cunha soa voz, denfenden que máis que unha liña de alta tensión, “o territorio fronteirizo necesita políticas activas en favor de las potencialidades locais: a medidas concretas para favorecer o equilibrio ambiental, a súa promoción social e cultural e aquelas tendentes a fixar a poboación no medio rural”. 

 

Ler Máis
14 Mai
0

Selección de condutor tractorista

O Concello das Neves lanza o proceso de selección dun posto temporal de condutor/a-tractorista oficial de primeira.

As persoas interesadas dispoñen de 5 días hábiles (dende a publicación do anuncio) para presentar as súas solicitudes. Toda a información e requisitos poden consultalas nas seguintes bases.

Bases:

Decreto de convocatoria e Bases de Selección

Anuncio:

Anuncio nun diario (Faro de Vigo 28/04/2021)

Formularios:

Anexo I. Solicitude

Anexo II. Declaración xurada

Outros documentos:

Listado provisional de candidatos

Nomeamento do Tribunal de selección

Listado definitivo de candidatos, Baremación de méritos da fase de concurso e data da proba práctica

Resultado da selección

Ler Máis