Blog

13 Mai
0

‘Letras Galegas 2021’ nas Neves

Imaxe: Xulio Gil/RAG/ Con motivo da celebración das Letras Galegas 2021, o mércores, día 19 vai haber un recital poético do libro Xela Arias, ‘Palabra á intemperie’, con Emma Pedreira e Laura Romero.

Será no Auditorio Municipal, só para alumnado do CEIP e do IES con emisión por streaming da primeira sesión, que é ás 12:30 h.

Ler Máis
11 Mai
0

‘Semana Gastrocultural’ da EFA A Cancela

Este martes, días 12, o mércores, 13 e o xoves, 14 de maio, a EFA A Cancela organiza a VI edición da Semana GastroCultural.

Asistirá á inauguración o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. No  acto de clausura, o vindeiro xoves, estará o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez.

As persoas interesadas poden consultar o programa destas xornadas  ???? https://efaacancela.com/wp-content/uploads/2021/05/ProgramaVI-semana-gastrocultural-2021.pdf

Ler Máis
11 Mai
0

O ‘Servizo de Atención Temperá’ atendeu a 16 nenas e nenos durante 2020

Dende 2019, o Concello das Neves ofrece o Servizo de Atención Temperá destinado ás crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, a través dun convenio asinado co Concello de Salceda.

Trátase dun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil e ao seu entorno que teñen por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos do desenrolo ou en risco de padecelos.

Durante o ano 2020, un total de 16 crianzas fixeron uso deste servizo. Foron 9 nenos e 7 nenas que recibiron un total de 12 intervencións semanais de fisioterapia, 17 intervencións semanais de logopedia e 12 intervencións semanais de psicoloxía.

Estas intervencións teñen unha duración de 30, 45 ou 60 minutos en función das necesidades de cada crianza, que pode facer uso de un, dous ou os tres tipos de intervención.

Segundo indica Pilar González, Concelleira de Servizos Sociais, este servizo, que imparte a asociación Aceesca, “tivo moi boa acollida pola veciñanza, e valora como moi positivo e fundamental que cumpre unha función de importancia”.

Ler Máis
09 Mai
0

O Concello anima a vacinarse fronte á COVID

O pasado martes 4 de maio a Concelleira de Benestar, Pilar González recibiu a primeira dose da vacina fronte a Covid-19 de AstraZeneca e este sábado día 8, o 1º Tenente-Alcalde Marcelino Couto,  vacinouse, tamén.

O Goberno Municipal fai un chamamento á tranquilidade e anima a todas as veciñas e veciños a vacinarse, recalcando a seguridade destes fármacos e a súa importancia para poñer fin á pandemia e avanzar na recuperación cara a normalidade.

Ler Máis
08 Mai
0

Normas se seguridade fronte á COVID-19 a partir deste domingo, día 9 de maio

Ás 00:00h. deste domingo 9 de maio, decae o ‘Estado de Alarma’ e entran en vigor unhas medidas e deixan de aplicarse outras, dacordo coas normas aprobadas polo Goberno do Estado e a Xunta de Galicia.

As mesmas están recollidas no DECRETO 77/2021, do 7 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) 86-bis do 07/05/21 que podes consultar aquí premendo aquí

 

Ler Máis
07 Mai
0

Activas as viaxes subvencionadas do programa “Elixe Galicia”

Xa se poden solicitar as prazas do programa ‘Elixe Galicia’ para impulsar o turismo interno fóra da tempada estival.

???? Destinado a: persoas de entre 18 e 30 anos, familias con fillos menores de idade ou pensionistas e maiores de 55 anos.

✅ Existen catro modalidades a escoller:
1. Rutas de patrimonio histórico e cultura
2. Rutas de natureza e montaña
3. Vacacións en zonas costeiras
4. Estadía en balnearios

????As viaxes realizaranse en provincias distintas ás de orixe entre o 30 de maio e o 15 de novembro de 2021, excepto no período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro, pontes e festivos. A administración autonómica subvenciona o 40% dos custes.

???? As solicitudes deben realizarse nas axencias de viaxes, e, nun prazo de 10 días desde a presentación de toda a documentación requirida, informarase sobre a aceptación ou non ás persoas solicitantes. A continuación, pode realizarse a reserva da praza. A adxudicación de
prazas é por orde de inscrición e ata esgotar as mesmas.

???? O prazo para solicitar prazas vence cando se ocupe a totalidade das mesmas ou ata 15 días antes da última saída.
???????? Só poderá presentarse unha solicitude por persoa, ano e programa.

➡️Formularios de solicitude:
Maiores: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23291400
Mozas/mozos: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23291596
Familias: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23291617

ℹ️Para máis información:
 Páxina web do programa: https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozaragora/elixe-galicia?langId=gl_ES
✅ Folleto informativo do programa:
https://www.turismo.gal/osdam/filestore/1/9/6/8/2_dacd281ef879eca/19682_8ad4c597ed10c14.pdf

Ler Máis
05 Mai
0

‘Labora 2020’: Formación en atención sociosanitara a persoas dependentes

Labora 2020 é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas.

✅ Dentro do programa de accións formativas, vén de abrirse o prazo de inscrición para catro cursos presenciais de formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e no domicilio.

☝️ Dirixidos a persoas desempregadas e rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

✌️ Os cursos, que conducen á obtención de certificación de profesionalidade válido en todo o territorio nacional.

???? Inclúen prácticas profesionais non laborais en empresas e axuda económica para persoas que carezan de rendas ou ingresos iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM e que asistan ao 90% da formación.

Ler Máis
05 Mai
0

As Neves recibirá este ano preto de 550.000€ do ‘Plan Concellos’ da Deputación

O Concello das Neves recibirá este ano 545.849,96 € do ‘Plan Concellos 2021’ da Deputación de Pontevedra. Da suma total, 387.356,57 € corresponden á liña 1, de obras e subministracións; 35.830,48 € á liña 2, de gastos correntes e actividades; e os 122.662,91 € restantes á liña 3, de contratación de persoas desempregadas para servizos municipais.

Liña 1

Dentro desta liña de financiamento, o Concello das Neves vai levar a cabo os seguintes proxectos: Novo acceso ao Centro de Saúde e ao Centro de Día que mellorará substancialmente a seguridade. Nel, a actual entrada peonil será tamén acceso rodado con sentido único de circulación, deixando a actual entrada/saída quede só como saída.

Crearase ademais unha zona segura de acceso e circulación peonil e a pavimentación e construción de rede de saneamento en Prado (Vide), onde quedará pendente a conexión á rede nun proxecto posterior.

Tamén se reformará o firme da principal vía do barrio do Redondelo (Tortoreos) e acometerase a construción de muros e mellora de vías en diferentes puntos do concello. Nesta mesma liña, seguen as actuacións de mellora accesibilidade, do ‘Plan de accesibilidade 2019-2023’, en Casteliño e Gándaras (Rubiós) con construción de rede de saneamento, e no Mouro (Taboexa).

Así mismo, acometerase a construción dun aparcadoiro paralelo á estrada da circunvalación, nos terreos de dominio público na urbanización sen executar na rúa Cruceiro, que cumprirá unha función disuasoria de tráfico.

Levarase a cabo o mantemento de edificios públicos: Reforma integral do tellado da escola de Santa Eulalia de Batalláns, pequenos arranxos de deficiencias no tellado da escola de San Xosé de Ribarteme, reforma para mellorar a usabilidade dun espazo en servizos sociais e mellora do local empregado para o Banco de Alimentos municipal.

Tamén se realizará a compra e instalación de mobiliario de oficina para o despacho da alcaldía, a aula de formación municipal (situada no edificio de Correos) e un local da Casa da Música destinado a ser usado por diferentes asociacións de Rubiós.

Por último, coa aportación do Concello, está previsto a execución dunha senda peonil dende a rotonda do Conde (Tortoreos) ata o IES Pazo da Mercé.

Esta liña complétase cunha pequena partida destinada a axudas aos sectores máis afectados pola Covid-19 de 16.258,87 € que se sumarán a outros 11.197,31 € procedentes dunha liña adicional extraordinaria específica para este tipo de axudas.

Liña 2

A través da liña 2 do Plan Concellos 2021 desenvolveranse accións do programa de desenvolvemento local #ViveNasNeves 2021, renovarase totalmente a páxina web municipal, financiarase a maquetaxe do libro de historia das Neves e cubrirase unha actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre prevista para o día 12 de outubro.

#ViveNasNeves

Dentro do #ViveNasNeves 2021, atópase a creación dunha plataforma de información para compra/venda/aluguer de vivendas, terreos e locais comerciais e, tamén para ofertas de traballo; ademais da alta na plataforma web ‘Vente A Vivir A Un Pueblo’.

Liña 3

Nesta liña, incluíronse 10 contratacións de persoal: 1 Monitor Servizos Comunidade para a Casa da Xuventude (10 meses); 2 Peóns vías e obras (9 meses); 2 Fontaneiros (6 meses); 1 Condutor de maquinaria (10 meses); 2 Peóns forestais (9 meses) e 2 Peóns de recollida de lixo (10 meses)

Debido a que a contía do Plan Concellos non é suficiente para os 10 contratos detallados, o Concello aporta unha contía de 10.491, 15 € das arcas municipais para completar os custos reais.

Ler Máis
04 Mai
0

Visita de alumnado do CEIP á Casa do Concello

O pasado mércores, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de Primaria do CEIP das Neves, visitaron a Casa do Concello na compaña da Xefa de Estudos, Mª Dolores Barbeito, e da Concelleira de Ensino, Pilar González.

Na visita coñeceron as dependencias municipais, e as funcións que se desenvolven nelas, ademais de manter unha pequena conversa co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez.

O Concello pretende achegar a súa acción de goberno ás e aos máis pequenos, e xa traballa na creación dun organismo de decisión no que participarán as nenas e nenos das Neves.

Ler Máis
02 Mai
0

As Neves consolídase como un destino turístico de calidade

 

O pasado luns 26, o Grupo Desenvolvemento Rural GDR Condado Paradanta organizou a I Gala de Calidade Turística do Destino
SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) Condado Paradanta, na que se entregaron os distintivos de calidade a empresas e entidades públicas concedidos polo GDR, que actualmente é o xestor deste distintivo de calidade no territorio comprendido polos concellos
de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Na gala, á que asistiron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a Concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, As Neves recibiu sete distintivos de calidade turística do total dos 35 outorgados en toda a Comarca. Os selos foron para a Casa de Turismo Rural Casa Uma, o Restaurante Casa Calviño, o Hotel da natureza Nande, o Punto de Información Turística das Neves, o Restaurante Casa O Frenazo, a Adega Señorío de Rubiós, e a Sociedade Cooperativa Agraria CondadoParandata.

Os recoñecementos a estes establecementos e empresas, asinan a consolidación das Neves como destino turístico de calidade na comarca.

Ler Máis