Blog

02 Mai
0

Pleno Ordinario do Concello do mes de maio, en directo

O vindeiro martes 4 de maio, terá lugar ás 20:00 h unha nova sesión ordinario do Pleno Municipal das Neves.

???????????? Será retransmitido en directo a través das canles oficiais do Concello As Neves.

Ler Máis
30 Abr
0

As Neves adxudica o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proceso de licitación que recae na empresa ‘Atendo Calidade S.L’. Este proceso adxudica un contrato por 3 anos coa posibilidade de prórrogas de 1 ano ata un total máximo de 5 anos.

A empresa ‘Atendo Calidade S.L.’ ofertou os servizos por un prezo base de licitación de 302.648 euros anuais e obtivo a máxima puntuación nos criterios de melloras do contrato. Melloras relacionadas con axudas técnicas (grúas, camas articuladas, andadores, etc.), formación ás
coidadoras e profesionais, bolsa de horas adicional, etc.

O Concello das Neves fai unha elevada inversión neste servizo, que despois da última actualización, no ano 2021 experimentou un aumento que supuxo unha subida do 23 % de gasto nesta materia dentro do orzamento municipal.

Unha vez máis, o Concello lembra que se trata dunha competencia impropia, e reclama á Xunta e ao Estado o financiamento completo deste servizo.

Ler Máis
29 Abr
0

Activo o servizo de información e asesoramento en saúde mental

Dende principio deste mes de abril, está activo un novo servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental, xestionado pola área de Servizos Sociais, e atendido por un psicólogo e unha psicóloga
da Asociación “Avelaíña”, a través dun convenio de colaboración establecido entre esta asociación e o Concello.

Preténdese contribuír a frear o agravamento dos problemas de saúde mental na poboación xeral a causa da crise sanitaria da COVID-19, a través de información sobre os diferentes recursos e/ou procedementos vinculados á saúde mental, e o asesoramento ou posta en contacto co
persoal idóneo que poida atender a cada problemática particular, co obxectivo final de favorecer a mellora das persoas e a súa integración social comunitaria.

✅ As actividades a desenvolver serán:
???? Recepción de demandas e recollida de información.
????Información e asesoramento en función da demanda.
????Coordinación con outros recursos.
???? Derivación a outros recursos/servizos.

✅ O servizo funcionará entre os meses de marzo e decembro, e ofrecerase un día ao mes, en horario de mañá, nas dependencias de Servizos Sociais.

☎️????????Para solicitalo, as veciñas e veciños das Neves poden contactar con Servizos Sociais chamando ao teléfono 986 66 71 34 ou escribindo un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal.

Ler Máis
28 Abr
0

Aprobadas as bases de axudas municipais. Augas, cultura, deporte, sociais e comerciais

O Goberno local aprobou o pasado 13 de abril as bases de axudas municipais para asociacións sen fins de lucro e comunidades de usuarios de augas de consumo, por un valor total de 44.250,00 €.

???? Trátase de cinco liñas diferentes de axudas, todas elas en concorrencia competitiva:


???? 1. Subvencións municipais ás Comunidades de Usuarios de Augas de Consumo do Concello das Neves para a realización de melloras das instalacións durante o ano 2021, cun orzamento total de 20.000 €.

Bases axudas comunidades de augas

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Comunidades de Augas Solicitude Subvención (Formulario 1)

Comunidades de Augas Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de usuarios (Formulario 2)

Comunidades de Augas Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Comunidades de Augas Certificación para a xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? 2. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro e deportistas individuais do Concello das Neves para a realización de actividades deportivas durante o ano 2021, cun orzamento total de 2.500 €.

Bases axudas a asociacións ou clubes deportivos

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades deportivas Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades deportivas Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades deportivas Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades deportivas Certificación para a xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? 3. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello das Neves para a realización de actividades culturais durante o ano 2021, cun orzamento total de 16.750 €.

Bases axudas a asociacións culturais

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades culturais Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades culturais. Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades culturais Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades culturais Certificación xustificación das subvencións de actividades culturais (Formulario 4)

???? 4. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello das Neves para a realización de actividades de promoción e dinamización comercial, e para a dixitalización do comercio retallista durante o ano 2021, cun orzamento total de 2.500 €.

Bases axudas a asociacións comerciais

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades promocion do comercio Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades promocion do comercio Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades promocion do comercio Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades promocion do comercio Certificación xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? 5. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello das Neves para a realización de actividades sociais durante o ano 2021, cun orzamento total de 2.500 €.

Bases axudas a asociacións para actividades sociais

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades sociais Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades sociais Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades sociais Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades sociais Certificación xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

Ler Máis
27 Abr
0

Rematados os traballos de accesibilidade en San Cibrán, San Pedro e Taboexa

Nas últimas semanas veñen de rematarse proxectos de accesibilidade en diferentes barrios de tres parroquias: A Capela e Outeiro en San Pedro de Batalláns, Leiradiño en Taboexa e tamén Piñeiro e Porteliña en San Cibrán.

Plan de Mellora de Accesibilidade das Neves

Os traballos, integrados no Plan Integral de Mellora da Accesibilidade no Concello de As Neves 2019-2023, consistiron na creación da capa de rodadura, mellora e reconstrución de muros, ampliación de accesos e incluso a instalación de saneamento nalgúns casos.

Estas actuacións, cunha inversión de máis de 70.000€, foron financiadas a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Prioridade da accesibilidade e mobilidade

O Concello de As Neves ten unha profunda conciencia e compromiso, sobre a urxente necesidade de resolver diversas problemáticas existentes ao longo do termo municipal, en materia de accesibilidade e mobilidade. Isto leva a que durante este mandato siga desenvolvéndose o proxecto de accesibilidade e mobilidade en tódalas parroquias.

Durante o ano 2021 están previstos traballos encadrados no Plan Integral de Mellora da Accesibilidade a vivendas en Rubiós, Santiago de Ribarteme e Tortoreos.

Ler Máis
26 Abr
0

As Neves avanza no proceso de selección de persoal temporal de 2021

Proceso para a selección de persoal temporal financiado con fondos do Plan Concellos de 2021 da Deputación de Pontevedra.

Data e hora para a proba práctica do posto de FONTANEIROS/AS

Resultado da selección dos postos de fontaneiros

 

Data e hora da proba práctica para a selección dos postos de PEÓNS FORESTAIS E DE OBRAS

Nomeamento de Tribunal

Resultado da selección de peóns forestais

Resultado da selección de peóns de obras

 

Data e hora de entrevista de selección dos postos de CONDUTOR/A, MONITOR/A E PEÓNS DE RECOLLIDA DE LIXO

Resultado da selección de condutor/a operador/a de maquinaria

Resultado da selección de monitor/a de servizos a comunidade

Resultado da selección de peóns de recollida do lixo

 

BASES PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL

Datos sobre os postos de traballo:

  • Duración: 10 MESES (do 1 de marzo ao 31 de decembro de 2021), xornada completa:
    1 Condutor/a-operador/a de maquinaria (código CNO 83221013)
    1 Monitor/a de Servizos á Comunidade (código CNO 37151047)
    2 Peóns de recollida de lixo (código CNO 94411010)

 

  • Duración: 9 MESES (do 15 de marzo ao 15 de decembro de 2021), xornada completa:
    2 Peóns de obras públicas (código CNO 96011029)
    2 Peóns forestais (código CNO 95431028)

 

  • Duración de 6 MESES (do 1 de maio ao 30 de outubro de 2021), xornada completa.
    2 fontaneiros/as (código CNO 72211012)

 

Ler Máis
22 Abr
0

As Neves volve a nivel medio-baixo de restricións

A partir das 00:00 h. deste venres 23 de abril, As Neves volve estar no nivel medio-baixo de restricións, segundo a orde da Xunta publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) Núm. 74-Bis, do mércores 21 de abril de 2021 que podes consultar en ???? https://bit.ly/3sOMzEJ

✅ O principal cambio afecta ao aforo na hostalería que volve ser do 50% no interior e do 75% no exterior.

???????? Lembramos que se manteñen o ‘toque de queda’ entre as 23:00 h e as
06:00 h, e o peche perimetral da comunidade.

➡️Aquí podes consultar o detalle completo de todas as medidas: https://bit.ly/32AuaAu

Ler Máis
21 Abr
0

As Neves conmemora o centenario do falecemento da Marquesa do Pazo da Mercé

Este 22 de abril, cómprense 100 anos do falecemento de Purificación Fontán e Pérez-Palma, coñecida como a Marquesa do Pazo da Mercé, unha das personaxes máis influintes na historia da educación da vida das Neves.

Coincidindo con esta data, o Concello leva a cabo a cesión dos cadros da Marquesa que se atopaban nas dependencias municipais, e que pasarán a estar nos centros de ensino promovidos por ela: a actual EFA A Cancela e o IES Pazo da Mercé.

Ademais, para conmemorar este fito, arredor da data do centenario levaranse a cabo un programa de actividades que involucran o Concello e os centros de educación impulsados por Purificación Fontán: o pasado luns, día 19, tiveron lugar unhas sesións de formación sobre a Marquesa a alumnado do IES Pazo da Mercé e da EFA A Cancela a cargo de Manuel Álvarez Rodríguez, veciño de Rubiós, e un dos máis importantes estudiosos da cultura, os costumes e a historia das Neves.

Este mércores, día 21 de abril, as alumnas e alumnos do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé visitan o IES Pazo da Mercé e á EFA A Cancela. O xoves, día 22: Xornada de portas abertas da EFA A Cancela de 9:30 h a 11:00 h e de 16:00 h a 18:00 h.

Xa o sábado,día 24, ás 12:00 h, será o acto institucional de cesión dos cadros da Marquesa, propiedade do Concello, ao IES Pazó da Mercé e a EFA A Cancela. Será retransmitido en directo a través das redes sociais do Concello das Neves. De seguido inaugúrase a Exposición de fotografías e documentación; a continuación a conferencia de Ignacio Pérez-Blanco, autor do libro “El palacio de Elduayen”,e pecharase o acto cunha actuación musical.

Ao mesmo tempo, ao longo de todos estos días anteriores á celebración do aniversario, nas redes sociais municipais está en marcha un ‘xogo’ de preguntas e respostas, interactivo, para achegar ás veciñas e veciños a personalidade e traxectoria vital de Purificación Fontán e a súa pegada na vida e na historia das Neves

Ler Máis
20 Abr
0

Obradoiro de Emprego ‘Coidar de Nós’

Os concellos de Ponteareas e As Neves están levando a cabo conxuntamente unha nova edición dun obradoiro de emprego que consta de dúas áreas: a de traballo socio-sanitario e a de traballo forestal.

Os obxectos de actuación práctica para a súa execución no desenvolvemento do proxecto son: axudar ao Servizo de Axuda a Domicilio do Concello das Neves, para diminuír a lista de espera; complementar o servizo da residencia municipal da terceira idade; crear un parque forestal para uso público en Ponteareas e un arboreto na Chan de Vide, e rehabilitar espazos verdes como parques forestais para facilitar aos veciños un punto de encontro para o desenvolvemento de actividades o aire libre.

Un total de 20 alumnos dos dous concellos están a formarse neste obradoiro, que ten unha duración de 9 meses, durante os que as e os participantes reciben os salarios correspondentes aos seus postos.

O obradoiro está sendo financiado pola Consellería de Emprego con 346.946 euros. 

Ler Máis
20 Abr
0

Día do libro

O 23 de abril de 1995 celebrouse por primeira vez o ‘Día do libro’ para fomentar a lectura. Este ano, o Concello das Neves conmemora este día organizando unha pequena feira do libro na praza do Concello entre as 10:00 h e as 13:00 h.

Estarán alí as librerías das Neves: Estanco e Librería do Xes, Librería Uróboros. Estanco da Plaza Estará no seu establecemento habitual na Praza Maior.

Haberá sinatura de libros por parte de tres mulleres escritoras da nosa comarca: Mar Míguez (As Neves), Hortensia Bautista (Ponteareas) e Raquel Castro (Salvaterra).

Tamén haberá un posto de libros de segunda man gratuítos.

Ademais, o Concello editou un marcapáxinas conmemorativo do día do libro e do centenario do falecemento da Marquesa do Pazo, que se estará dispoñible en todos os postos.

Ler Máis