Blog

19 Abr
0

Sesións de formación sobre a Marquesa do Pazo da Mercé, nos IES Pazó da Mercé e na EFA A Cancela

Dentro do programa para conmemorar os 100 anos do falecemento da Marquesa do Pazo da Mercé, este luns, día 19, desenrólanse sesións de formación sobre a marquesa destinadas ao alumnado do IES Pazo da
Mercé e da EFA A Cancela.

As mesmas están impartidas por Manuel Álvarez Rodríguez, veciño de Rubiós, estudioso da cultura, tradicións e historia das Neves.

Ler Máis
19 Abr
0

Bonos ‘Activa Comercio’

Publicado o Programa de dinamización e incentivo do consumo nos comercios retallistas, a través dos bonos ‘Activa Comercio‘, polo que se subvencionará a compra de bens, nos establecementos comerciais galegos adheridos ao programa.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 € para as compras nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
☝️ Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50   ✌️ Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías levan o IVE incluído.

➡️ Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse a través da web https://www.bonosactivacomercio.gal ata o 15 de maio de 2021.

✅ Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga
polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses.

ℹ️Toda a información no DOG Núm 69, do mércores 14 de abril: https://bit.ly/3tcaSxb

Ler Máis
16 Abr
0

Avanza a mellora dunha pista de tenis da área deportiva da Caíña

Xa están en marcha as obras de acondicionamento da pista de tenis na Caíña que contan cun orzamento de 21.147€ financiados polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

As obras consisten na nova formación de pavimento de formigón poroso de 540 metros cadrados incluíndo as xuntas de dilatación e a súa correspondente drenaxe, cun espesor de 8 cm e un peso de 170-200 Kg/m2.


Os traballos inclúen a substitución dos postes e a rede de xogo, o pintado da superficie e as liñas de xogo e un acabado con resina acrílica.

A previsión é que as obras estean rematadas nas vindeiras semanas logo das cales se anunciarán as condicións para o seu uso e o sistema para a reserva da pista.

 

Ler Máis
15 Abr
0

Cambios, este venres día 16 de abril, nas normas de seguridade fronte á Covid-19

✅ Flexibilización das normas vixentes a partir do venres 16 de abril:
???? O ‘toque de queda’ será entre as 23:00 h e as 06:00 h.
???? Mantense o peche perimetral da comunidade.

????‍???? Na hostalería:
????O horario de peche da hostalería xeral ás 21:00 h.
????Recollida no local ata as 22:30 h.
????Envío a domicilio ata as 00:00 h.
????Non se permite o consumo en barra.
????Interior: 30% do aforo e 4 persoas por mesa.
????Exterior: 50% do aforo e 6 persoas por mesa.
???? O restaurantes teñen a posibilidade de apertura ata ás 23:00 h, sempre e cando dispoña de:
☝️ Sistemas de reserva e cita previa
✌️ Sistemas de rexistros de clientes analóxicos ou dixitais
???? Aparellos de medición de concentración de CO2.

ℹ️ Toda a información no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 69-Bis, do mércores 14 de abril de 2021: https://bit.ly/3tmtFpx

Ler Máis
13 Abr
0

Reunión do alcalde e a concelleira Pilar González co conselleiro de Sanidade e o xerente da Área Sanitaria

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a concelleira de Sanidade,
Pilar González, mantiveron unha reunión telemática co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a directora de Recursos Económicos do Sergas e o Xerente da Área Sanitaria de Vigo, para avanzar na cesión ao Sergas do Centro de Saúde e a súa reforma.

Centro de Saúde

Abordouse tamén o uso polo Centro de Saúde do antigo espazo do edificio ocupado polas instalacións da Galiña Azul, que se está utilizando na actualidade para atención a pacientes con síntomas compatibles coa Covid-19, e que require dun avance na tramitación administrativa.

Accesos

Dende o Concello das Neves trasladouselles información sobre o novo proxecto de modificación do acceso ao Centro de Saúde para mellorar a seguridade na súa contorna, así como da situación na que se atopa a división horizontal do edificio necesaria para a cesión e reforma.

Julio García Comesaña comprometeuse a elaborar e enviar o plan funcional e de usos dos distintos espazos do Centro de Saúde, que permitan definir as necesidades e aprobar o proxecto de reforma.

Tempo de espera para obter cita médica

O Concello tamén solicitou información sobre o tempo de espera para obter unha cita médica, así como do tema das citas telefónicas. O xerente da área sanitaria de Vigo comunicou que, a día de hoxe, preto dun 40% das citas son presenciais e que as citas telefónicas só se manterán
nos casos nos que o persoal médico e as e os pacientes as consideren suficientes.

Citas telefónicas

Ante a insistencia do alcalde e da concelleira de Sanidade, os representantes do SERGAS compreometéronse a facer unha revisión da actual situación na atención presencial e telefónica do centro.

Ler Máis
11 Abr
0

As Neves pasa a nivel de ‘restrición media’ dende este luns, día 12 de abril

 
O Comité Clínico que asesorá á Xunta decidiu, na súa sesión so pasado venres, día 9 de abril, con motivo do seguimento da evolución epidemiolóxica, que ante a evolución dos casos de COVID-19, o concello das Neves pase, dende este luns, día 12, ao nivel de ‘restrición media’. 
 
Así figura no Diario Oficial de Galicia, que podes consultar entrando neste enlace ????  https://bit.ly/2Rg7gfq 
 
???? Desglose completo das medidas ???? https://bit.ly/3fZRika
 
Dende o Concello, unha vez máis, facemos un chamamento á responsabilidade e a continuar a cumprir as normas de seguridade fronte á Covid-19. 

Ler Máis
09 Abr
0

Cambios nas medidas de prevención fronte á Covid-19

A partir das 00:00 h. deste sábado, 10 de abril, entran en vigor as novas medidas aprobadas polas autoridades sanitarias galegas de prevención fronte á COVID-19.

Son as seguintes: 

☝️ Estarán permitidas as reunións sociais entre persoas non
conviventes en espazos privados (nomeadamente os domicilios) coas mesmas restricións que no caso dos espazos públicos: 4 persoas en interior e 6 en exterior.

✌️ Será posible que ata 4 persoas non conviventes compartan o mesmo vehículo.  Poderán facelo, cumprindo sempre nos casos establecidos por Sanidade e coas medidas de proteción, levando máscara e ventilando o interior.

✅ Podes consultar todos os cambios entrando no Diario Oficial de Galicia (DOG 64-bis do 7 de abril): https://bit.ly/3cYVheN

➡️ Dende o Concello, lembramos a importancia de non relaxarse no cumprimento das normas de seguridade fronte á Covid-19:
???? Hixiene de mans.
???? Uso de máscara.
????‍♀️ Mantemento da distancia interpersoal de seguridade.

Ler Máis
08 Abr
0

As Neves creará o’Consello Climático Xuvenil’ que asesorará ao Goberno Local en sustentabilidade ambiental

A concelleira de Servizos Sociais, Pilar González, asistiu de xeito
telemático á Asemblea Xeral da asociación de Concellos e Deputacións, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

India, Nicaragua, El Salvador, Guatemala, Mozambique

Na sesión decidiuse que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co-financiará cun total de 99.813 euros catro proxectos de ONGD galegas na India, Nicaragua, El Salvador e Guatemala; despois de resolver a convocatoria de axudas, á que se presentaron doce propostas centradas
en dez países.

No encontro virtual, que se celebrou coincidindo co Día Mundial da Saúde, tamén se fixo balance dun 2020 marcado pola pandemia e aprobouse por unanimidade o Plan de Actividades para este ano.

Na xuntanza déuselle luz verde ao Plan de Actividades e ao orzamento para 2021, que contempla proxectos de cooperación directa en Mozambique e Guinea-Bissau e mais unha reserva de fondos para axuda humanitaria.

‘People & Planet’

A área de sensibilización inclúe, así mesmo, as actividades do proxecto europeo ‘People & Planet’, no que o Fondo Galego participa canda entidades doutros oito países para concienciar á mocidade sobre as graves consecuencias do cambio climático, ademais de reforzar aos gobernos locais na promoción da sustentabilidade ambiental.

Consello Climático Xuvenil

Co fin de acadar estes obxectivos, os municipios acollerán diferentes actividades. Dentro dese proxecto europeo, o Concello das Neves poñerá en marcha o Consello Climático Xuvenil a partir de maio deste ano. Unha actividade que promove a implicación directa da  mocidade nos problemas ambientais do concello e na súa resolución.

O consello estará integrado por mozas e mozos de entre 15 e 34 anos que asesorarán ao goberno local nesta materia.

Finalmente, representantes dos concellos incluídos no proxecto participarán despois nun campamento de mocidade europea en Portugal para elaborar unha guía ao respecto.

Ler Máis
08 Abr
0

Vertidos de lixo fora do punto limpo

A pasada fin de semana e estes días pasados, producíronse novos vertidos nas inmediacións do punto limpo.

Existen datos persoais que estaban no medio do lixo, e xa se están cursando as correspondentes denuncias.

O punto limpo ten un horario amplo, incluso nas fins de semana, no que se atende e axuda a xestión. É un lugar onde valorizar os residuos non un “basureiro”, apunta o Concelleiro de Medio Ambiente, Óscar González.

Ler Máis
30 Mar
0

O Concello cambia o contrato de telefonía e aforrará 4.000€ o primeiro ano e 7.000€ a partir do segundo

O novo contrato do servizo, por 12 meses, supón un importante aforro económico e unha mellora nas prestacións.

Este cambio vén motivado pola análise dos actuais servizos contratados (liñas, consumos, terminais, coberturas, etc.) tanto de telefonía móbil como de fixa, realizado nos últimos meses por Óscar González, Concelleiro de Servizos e responsable da área de innovación tecnolóxica.

A nova proposta inclúe liñas de telefonía para móbiles, instalacións de tratamento de auga e depuración e telefonía fixa. Tamén conexións mediante fibra, ADSL e router 4G en diferentes edificios municipais. Tódolos servizos estarán interconectados e o teletraballo será máis seguro e eficaz.

Na parte económica, o contrato ten un importe anual de 15.048€, considerablemente inferior ao actual de Movistar, que supera os 22.000€.

O proceso de cambio de compañía implica que o Concello debe soportar unha penalización con Movistar. Acordouse que o 60% desta penalización sexa sufragada por Vodafone e o 40% polo Concello, arredor de 3.000 euros. Aínda con isto, no primeiro ano o aforro será duns 4.000 euros e nos seguintes anos, coas mesmas condicións de 7.000 euros.

Este aforro económico servirá para seguir mellorando os equipos e ferramentas tecnolóxicas para unha atención a veciñanza aínda máis eficaz.

Ler Máis