Blog

26 Xan
0

O Concello das Neves reclama o 100% do custo do Servizo de Axuda no Fogar


Nunha reunión telemática mantida o pasado mércores 20 polo o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Mendez,a Concelleira de Benestar Social, Pilar González Casas, coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, o Concello das Neves foi informado do aumento de horas asignadas para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); o que supón unha subida de 552 horas, e que sitúa As Neves en 20.364 horas de SAF, o que representa un incremento do 2,7% respecto de 2020.

Actualmente o Concello ten de alta 35 persoas usuarias do servizo de SAF de dependencia. O importe por hora que custa o servizo é de 12,98 €, que é aboado co co-pagamento das persoas usuarias, a aportación da Xunta, e a aportación do Concello, do seguinte xeito:  Xunta fai unha aportación máxima de 9,70€/hora nos casos de co-pagamento 0€, e nos de maior aportación polos usuarios e usuarias, a aportación da Xunta diminúe de xeito proporcional á capacidade económica da persoa usuaria. No caso das Neves, do total de persoas usuarias, 11 teñen o servizo gratuíto, e das restantes, a media de aportación é de 2,5 €/hora.

Con isto o Concello ten que aboar a diferenza ata cubrir a totalidade do custo do servizo, que se aproxima aos 300.000 € anuais, “asumindo unhas competencias impropias sen financiamento”, subliña o alcalde. É certo que contribúen a un maior benestar do colectivo social destinatario do servizo, pero “lastran os capítulos de inversión ou os de competencias directas, e prexudican ao conxunto do orzamento municipal”, sinala Xosé Manuel Rodríguez.

Por esta razón, o Concello reclama a asunción das competencias propias por cada administración ou que se doten con suficiencia económica as delegadas ou atribuídas, neste caso, aos concellos.

Ler Máis
25 Xan
0

Novas restricións en toda Galicia fronte ao avance da COVID

‼️A Xunta de Galicia vén de informar de novas restricións, que se aplicarán desde as 00:00 h do mércores 27 de xaneiro en todo o territorio galego, e que se manterán ata o 17 de febreiro:
????‍????‍????‍????As reunións sociais quedarán limitadas exclusivamente a persoas conviventes.

???? Mobilidade restrinxida ao concello de residencia. (Agás para as causas xustificadas previstas).

???? Mantense o horario do recollida entre as 22:00 h e as 06:00 h. (Agás para as causas xustificadas previstas).

No ensino universitario non retomarán as aulas até o día 8. Do día 8 ao 17, serán en liña.

???? O comercio esencial (supermercados, farmacias, talleres, etc.) seguirá aberto, con horario máximo de peche ás 21:30 h.

???? O comercio non esencial pechará ás 18:00 h.

???? Na hostalería decrétase o peche total, agás servizo a domicilio ou comida para levar.

⛹️‍♀‍  Só se permiten adestramentos individuais ao aire libre, e sempre con máscara.

Pechan as bibliotecas, auditorios e outros locais sociais onde se celebren espectáculos.

✅ Todos os detalles destas novas medidas serán publicados nas vindeiras horas Diario Oficial de Galicia (DOG).
#Coidémonos #ViveNasNeves

Ler Máis
25 Xan
0

Convocatorias de ‘Axudas á Eficiencia Enerxética’

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), vén de abrir dúas convocatorias de axudas:
???? Subvencións para auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos (IN417Y).

O prazo de solicitude é entre o 20/01/2021 e o 15/10/2021. Toda a información e acceso á solicitude: https://bit.ly/392zkt8

???? Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria (IN421L).

Prazo de solicitude entre o 15/01/2021 e o 15/02/2021. Toda a información e
acceso á solicitude: https://bit.ly/3o6ePAe.

Ler Máis
24 Xan
0

TiC Emprendes agora en aula virtual, non o deixes pasar!

TiC Emprendes é un proxecto co-financiado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia.

O programa está destinado a mozas e mozos entre de 16 a 30 anos en situación de desemprego e con inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e inclúe formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a procura de emprego, e asesoramento para a creación da túa propia empresa.

Totalmente on line

Coa situación actual condicionada pola pandemia, o programa  desenvolverase integramente online. Aínda quedan prazas para os cursos, se che interesa ou coñeces a alguén que lle poida interesar, faillo saber!

Toda a información do programa: https://www.depo.gal/tic-emprendes
Enlace á solicitude de inscrición: https://bit.ly/2KyzxLc

Ler Máis
21 Xan
0

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público nas zonas de Tortoreos (As Pías, Reguengo, Chan), Liñares, Redondelo e Bruñeiras . Concello de As Neves

O Concello das Neves acomete este proxecto (FEDER-EELL-2019-000537) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE.

O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxetivos:
a) Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.
b) Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO 2 )
c) Cumprir coas esixencias lumínicas do Reglamento de Eficiencia Energética en Instalaciones de Alumbrado Exterior.
d) Regular os niveis de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose a las necesidades dos cidadans.


Concretamente e, en resumo, as actuacións principais consistiron no cambio de 240 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, sustituindo a maioría dos elementos de soporte que se atopan deteriorados, e o cambio de 4 cadros eléctricos co obxeto de garantizar el cumprimento
da normativa vixente. Na seguinte táboa móstrase o número de puntos nos que se actuou desglosados por cadro:

CÓDIGO NOMBRE NUMERO PUNTOS
C025 As Pias 49
C028 Reguengo 33
C029 Chan 47
C030 Liñares 81
C032 Bruñeiras 15
    240

Fotografías:

Documentos:

Prego de Prescripcións Técnicas

Xustificación da actuación e o cumprimento de obxectivos

 

Ler Máis
20 Xan
0

Restricións de ‘nivel máximo’ que entran en vigor ás 00:00h. deste xoves, 21 de xaneiro

 
Restricións de ‘nivel máximo’ que entran en vigor ás 00:00h. deste xoves, 21 de xaneiro en toda Galicia ante o aumento dos casos de COVID-19.
Publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG número 11-Bis, do martes 19 de xaneiro): https://bit.ly/3iw1Mac 

Ler Máis
19 Xan
0

COVID: o conselleiro de Sanidade confirma que As Neves pasará a estar no ‘nivel máximo’ de restricións

 

✅ O conselleiro de Sanidade confirmou este martes a decisión do Comité Clínico que asesora á Xunta: á vista do avance da COVID, As Neves  pasa a estar no grupo de concellos galegos co ‘nivel máximo’ de restricións.

✅ Isto suporá que, dende a entrada en vigor desta medida, previsiblemente ás 00:00h. do xoves, 21 de xaneiro:

???? As Neves quedará pechada perimetralmente e non estará permitido entrar ou saír da vila sen xustificación.

????‍????‍????‍????Todas as reunións sociais estarán limitadas a un máximo de 4 persoas.

???? A Hostalaría non poderá servir no interior, só nas terrazas, que estarán ao 50% da súa capacidade. Non poderá haber máis de 4 persoas por mesa e os locais pecharán ás 18:00h.

???? O Comercio terá limitado o seu aforo ao 50% e a hora de peche será, como máximo, ás 21:30h.

⛹️‍♀️ Quedarán suspendidas temporalmente todas as competicións deportivas, incluidas as de deportes federados, en campionatos e ligas autonómicas. Sí se disputarán as de nivel estatal.

???? ‘Toque de queda’ ás 22:00h.

✅ Estas medidas entrarán en vigor logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).  ℹ️ Máis información: http://ow.ly/GFUc50Dck47

 

 

Ler Máis
15 Xan
0

Inauguración do ano co #ViveNasNeves

 
Dende este xoves pasado, loce na Praza Maior un tótem co texto #ViveNasNeves.
O mesmo marca o inicio dun ano novo no programa que botou a andar hai uns meses, que irá medrando nos seguintes e que ten coma obxectivo proxectar, expresar e potenciar o que somos e o que podemos ser.

Ler Máis
14 Xan
0

Novas restricións aprobadas polo Goberno galego ante o aumento dos casos de COVID

Ás 00:00h. deste venres 15 de xaneiro entran en vigor novas restricións de seguridade ditadas pola Xunta de Galicia para enfrontar o aumento dos casos de COVID en Galicia.

Entre outras, destacan as seguintes modificacións:
???? Reunións dun máximo de catro persoas.
o Agás no caso de persoas conviventes.
????Prohibida a mobilidade das 22:00 h ás 06:00 h.
o Agás causas xustificadas.
???? Lugares de culto: 33% do aforo.
???? Comercio: 50% do aforo. Peche ás 21:30 h.
???? Hostalaría:
o Peche ás 18:00 h.
o Non se permite o consumo en barra.
o Consumo no interior ata o 30% do aforo.
o Terrazas ao 50% do aforo.
o Ata 4 persoas por mesa ou grupo de mesas.
???? As Neves non ten peche perimetral.

Toda a información sobre as novas restricións no DOG 7-bis do 13/01/2021 ao que se pode acceder aquí: https://bit.ly/3iacwdY e https://bit.ly/2XFDtgk.
Máis información en coronavirus.sergas.es

Ler Máis
12 Xan
0

Horarios dos enlaces por autobús dende As Neves

Estes son os horarios dos enlaces por autobús da empresa Ojea, dende As Neves con Vigo, o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Univerdidade (CUVI), ademáis das conexións con Arbo, Ponteareas ou A Cañiza.

Ler Máis