Blog

09 Out
0

Veciñas e veciños das Neves maiores de 50 anos poden participar no programa da Universidade de Vigo ‘Mareas de coñecemento e experiencia’

O Concello das Neves participará nun programa de formación para maiores da Universidade de Vigo, un proxecto de democratización do coñecemento, titulado “Mareas de coñecemento e experiencia”.

Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todas as persoas ao acceso á educación superior, independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.

O mesmo está destinado a persoas de máis de 50 anos e o curso consta de tres seminarios, cada un cunha sesión teórica e outra práctica que se realizarán no CIPC de Taboexa e no salón de Servizos Sociais das Neves.
É totalmente gratuíto e, ao finalizar, entregarase un diploma.

O curso ten un límite de 30 prazas. Para inscribirse pódese enviar un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal ou chamar ao teléfono 986 66 71 34 (8:00 a 15:00 h, de luns a venres), indicando nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico.

O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 19 de outubro.

Ler Máis
09 Out
0

O Concello informa

Ler Máis
09 Out
0

Día Mundial da Saúde Mental


Este venres, día 9 ás 11 da mañá inaugurarase na Praza do Mercado de As Neves unha exposición de pintura das usuarias e usuarios do colectivo ‘Avelaíña’, con motivo do ‘Día Mundial da Saúde Mental’.

Estará aberta ao público ata o 9 de decembro os martes e venres de 10:00 a 13:00 h.

Á inauguración asistirán oito persoas usuarias, tres integrantes do profesorado, dúas persoas da Xunta Directiva da Asociación e representantes do Goberno Municipal e de Servizos Sociais.

Ler Máis
08 Out
0

A comunidade educativa denuncia problemas na calidade de ensino e na seguridade no IES Pazo da Mercé

 

O Consello escolar, a dirección do centro, a ANPA, o Concello e o alumnado do IES Pazo da Mercé de As Neves denuncian que, logo dun mes de clase, a Consellería de Educación segue sen lles dar solución a graves problemas que afectan directamente tanto á calidade do ensino coma á seguridade.

En anos anteriores, o noso alumnado desprazábase os luns ao CEIP Marquesa do Pazo para facer uso do comedor, de maneira que, a xornada lectiva dese día incluía tamén clases pola tarde. Este curso decidiuse eliminar este servizo para evitar riscos (autobús, falta de espazo no comedor…). Polo tanto, isto obrigou a modificar o horario escolar, de xeito que esas dúas horas da tarde se engadiron como última hora nas xornadas do luns e do venres (9:00-15:20) Esta modificación, aprobada polo Inspector Xefe a primeira semana de setembro, segue sen poder levarse a cabo por falta de transporte escolar.

Ocorre que un grupo de estudantes do centro empregan un autobús de liña regular. Agora, coa modificación de horario, os luns e os venres terían que agardar máis de unha hora polo transporte. Para evitar que uns menores estiveran abandonados tanto tempo e sen comer, a dirección do centro decidiu rematar as clases as dúas e media (coa merma educativa que iso supón pois perden dúas horas lectivas semanais) pensando que a solución ao problema sería rápida. Non obstante, aínda que desde hai máis de un mes o centro leva realizando numerosas xestións e presentando diferentes solucións ao conflito, desde a Consellería non se nos ofrece ningunha saída e o que é peor, o problema non ten trazas de se resolver nunha data próxima.

Ler Máis
08 Out
0

O Concello aposta polo emprego a formación e unha mellor prestación de servizos


.

Coa financiación da Deputación de Pontevedra e a través do ‘Plan O Teu Primeiro Emprego’, unha Traballadora Social e un Enxeñeiro Técnico Agrícola iniciaron cadanseu contrato cunha duración de seis meses, prorrogables ata un ano.

A solicitude dos postos realizouse tendo en conta as necesidades actuais e de futuro. Na actual situación, a Traballadora Social será imprescindible para colaborar no departamento de Servizos Sociais nas tarefas de atención ás necesidades derivadas da Covid-19.

Pola súa banda, o Enxeñeiro Técnico Agrícola vai reforzar o departamento de Urbanismo e do Medio para avanzar nos traballos relacionados cos expedientes de xestión de biomasa, o Convenio con SEAGA para a xestión de franxas de protección contra incendios, a Aldea Modelo e outros proxectos que teñen que ver co desenvolvemento rural.

Alumnado IES Pazo da Mercé

Alumnado en prácticas do IES Pazo da Mercé tamén desenvolverá prácticas no Concello con funcións de colaboración na prevención da Covid-19 e na atención aos veciños e veciñas que precisen realizar xestións nas oficinas da Casa Consistorial

Ler Máis
08 Out
0

Segue adiante o cambio do alumeado público das Neves a ‘tecnoloxía LED’

Financiado integramente cos fondos de compensación ambiental, con un total de 14.541,65 €, vén de acometerse a obra no barrio da Moreira, na parroquia de Taboexa.

Os traballos consisten no cambio do cadro de mando e de 29 puntos de luz. As características das novas luminarias de corpo de aluminio son unha potencia de 31,1 Watios e 3000 Kelvin de temperatura ou color. Características idóneas para zonas rurais e que cumpren coas actuais esixencias normativas sobre a eficiencias enerxética e a contaminación luminosa.

Nos vindeiros meses continuará a renovación total do alumeado público das Neves coas mesmas características financiada nun 80% polo IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético).

Aforro do 70%

Con estes proxectos conséguese a actualización de tódalas luminarias do territorio realizando unha mellora da eficiencia enerxética, co que se acadará un aforro de custes na facturación por consumo de electricidade de ata o 70%, que poderá destinarse a outras necesidades da veciñanza. Ademais, tamén se reduce a contaminación lumínica.

Ler Máis
06 Out
0

A ‘Casa da Xunventude’ axústase ao horario escolar

Co inicio do curso escolar, a ‘Casa da Xuventude’ pasa a abrir de venres a domingo en horario de 17:00 a 21:00 h.

Ler Máis
06 Out
0

A Festa do Tinto das Rías Baixas axusta este ano o seu formato á ‘realidade COVID’

 

ADIADA

A celebración este ano da ’15ª Festa do Tinto Rías Baixas’, en As Neves, non seguirá o formato dos anos pasados. A situación creada pola COVID-19 fixo necesario adaptar a súa forma a esta nova realidade. A xa tradicional festa deixará paso, o vindeiro luns, 12 de outubro, a un acto de promoción deste produto nas instalacións da carpa do Hotel Nande, entre as 12:00 e as 15:00 h.

Degustación

Será un espazo de exposición e degustación de viños, nomeadamente tintos, de toda a denominación de orixe, e estará musicado pola Banda de Música Popular de Rubiós e o solista Juan Lois Diéguez.

Ás 13:00 h desenvolverase a parte oficial do día, con intervencións de profesionais vinculados a estes viños dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, e representantes do Concello.

Reserva previa prazas

Será de aplicación o ‘Protocolo COVID’ en todo o recinto, con aforo limitado. Por iso, será necesario realizar a reserva previa de prazas entrando en bit.ly/festatinto.

Ler Máis
06 Out
0

Segue ‘Cultura no Outono’ coa obra ‘Rosalía’

 

O domingo 11 de outubro continúa o programa ‘Cultura no Outono’. Ás 18:00 h., no Auditorio Municipal, poderemos gozar da obra de teatro ‘Rosalía’, de Culturactiva.

Na peza recréase a infancia da escritora antes de marchar da casa paterna. É unha obra pensada para público familiar, xa que se lles conta ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a  rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Está dirixida por Fina Calleja e conta no reparto con Rocío González e Cristina Collazo.

Protocolo COVID

Para acceder ao auditorio será obrigatorio o uso de máscara. Debido á limitación do aforo, recoméndase realizar a reserva de asentos previamente no enlace: bit.ly/culturaoutono

 

 

Ler Máis
06 Out
0

A Unidade de Inspección Técnica de ciclomotores, dende o mércores nas Neves

O Concello informa de que a Unidade Móbil de Inspección Técnica de ciclomotores estará nas inmediacións das piscinas das Neves o mércores 7 de outubro.

Ler Máis