Blog

11 Nov
0

As Neves insta a Consellería de Sanidade a mellorar o servizo de Atención Primaria

O Pleno do Concello das Neves, aprobou na súa última sesión, por maioría absoluta, a moción presentada polos polos Grupos Municipales do BNG e
do PSdeG-PSOE, a petición da Plataforma SOS Sanidade Pública na defensa da Atención Primaria, cos votos en conta do Grupo do Partido Popular.

Consultas presenciais

Na moción o Concello acordou instar á Consellería de Sanidade a implantar de inmediato as consultas presenciais para todas as persoas que o demanden; á adopción das medidas organizativas precisas para que as persoas usuarias, podan acceder ao centro, rematando coa deplorable situación das colas na rúa, a contratar e acabar ca precariedade laboral do persoal, aplicando un “Plan de Mellora da Atención Primaria”, e a incrementar de maneira urxente o presuposto sanitario, destinado a Atención Primaria.

Ler Máis
08 Nov
0

Liña 2 do Plan Concellos 2021 nas Neves

 

 

 

 

O Concello das Neves inviste a Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra nos seguintes programas:

OBXECTO DA SUBVENCIÓN

IMPORTE DA SUBVENCIÓN

ViveNasNeves 2021

25.950,83 €

AS NEVES, TERRITORIO HABITADO

2.057,00 €

ACHEGA PARA A APORTACIÓN MUNICIPAL AO PROGRAMA “MUSIGAL”

3.630,00 €

ACTUALIZACIÓN DA WEB MUNICIPAL

4.192,65 €

Ler Máis
08 Nov
0

Avanzan os traballos de rexeneración do Xuliana

 

 

Os traballos de limpeza e rexeneración do antigo sendeiro dos Muiños da Ribadeira, dende o nacemento o río Xuliana, avanzan a bo ritmo.

Iniciados a finais de outubro, lévanse adiante xunto coa rexeneración ambiental da desembocadura do río, na Ceña, completando así a conservación de toda a contorna.

O seguinte paso, adiantan dende o Concello será o de recuperar o carreiro de todos os muíños no Xuliana e dinamizar e poñer en valor así toda esta zona de grande valor histórico e medioambiental.

Ler Máis
06 Nov
0

As Neves recibirá preto de 360.000€ do Plan de Investimento REACPON da Deputación de Pontevedra

As Neves recibirá 359.776,62€ do Plan de Investimento REACPON da Deputación de Pontevedra, segundo detallaron a presidenta deste organismo, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mera, durante a presentación do mesmo.

Esta cantidade supón o 90% dos 399.776,62€ destinados a acometer a humanización da travesía Eira Da Liñaza, dos que o Concello achegará 40.000€ de fondos propios.

REACPON

O REACPON mobilizará en conxunto, 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia de Pontevedra e transformar o territorio.

Este programa chegará a todas as comarcas con proxectos en 47 concellos de menos de 50.000 habitantes, e estará aliñado coa ‘Axenda 2030’ e cos fondos ‘Next Generation’.

Ler Máis
05 Nov
0

As Neves entre os concellos integrantes da Asamblea Ágora

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asistiu en representación do Concello á  primeira ‘Asemblea Ágora’ de Concellos Polo Espazo Público, na que deu a coñecer a batería de iniciativas que se desenvolverán ao abeiro do Plan Ágora en 2022 para recuperar espazos para as persoas.

Esta iniciativa, encabezada pola Deputación de Pontevedra, ten coma obxectivo abordar o reto social que é a recuperación do espazo público e a consecución de fondos para executar obras, para o cal a Deputación tramitará directamente directamente fondos europeos para proxectos xa maduros de cada un dos concellos da provincia, entre eles o das Neves.

Este mesmo venres, vai abrirse unha nova convocatoria de fondos da Unión Europea dotada con 6 millóns de euros que se verán incrementados con novas inxeccións, destinadas aos concellos de cara á intervencións municipais para a mellora de zonas para a cidadanía.

Neste sentido, o alcalde, subliña que o Goberno local das Neves aposta decididamente pola mellora da calidade urbana e pola necesidade de que formar un territorio no que se prioricen as decisións destinadas á recuperación de espazos para as veciñas e veciños. 



Ler Máis
04 Nov
0

20 persoas desempregadas de As Neves e Ponteareas comezan a súa formación en Atención Sociosanitaria e Conservación Forestal

En total, 20 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves comezaron hoxe no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea a súa andaina formativa no curso ‘Coidar de Nós IV’, un obradoiro dual que permitirá ofrecer unha oportunidade laboral á veciñanza, mellorando a súa empregabilidade,  a súa inserción laboral e as súas posibilidades de futuro.

Así o destaron a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o  alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

9 meses de formación

Este taller de emprego dual terá unha duración de nove meses e contará cun investimento de arredor de 375.000 euros e distribúese en dous módulos diferenciados, un de Atención Sociosanitaria, con prácticas centradas no coidado de persoas dependentes a domicilio, e outro de Actividades Auxiliares e Conservación e Mellora de Montes, que actuará no Parque Forestal da Picaraña de Ponteareas e no Chan de Vide das Neves.

Xunto ás ensinanzas teórico-prácticas, as persoas participantes poderán realizar prácticas en empresas da contorna grazas ao formato dual da formación.

Ler Máis
03 Nov
0

O único ‘Punto Verde’ será só o situado na parte alta do ‘Punto Limpo’ das Neves

A partir de agora, o punto verde habilitado será unicamente o situado na parte alta do Punto Limpo das Neves. Este punto verde está aberto e serve para depositar só restos de poda.

O Goberno municipal ten que tomar esta decisión debido a que non se están a utilizar correctamente os puntos verdes actuais que son só para restos de poda que servirían para triturar e converter en estruturante para os composteiros.

Alí aparecen herbas, carozos de verzas, videiras de viña, madeira, electrodomésticos ou plásticos, facendo que os puntos verdes das
parroquias se convertan en vertedoiros e non podemos permitilo.

Os restos de limpeza de fincas ou viñas deben acumularse para podrecer ou trituralos no propio lugar, sen desprazalos, e tendo como última opción a posibilidade da queima, solicitando o permiso ou autorización pertinente.

As persoas que precisen estruturante para uso do composteiro doméstico poden recollelo no punto limpo levando algún recipiente ou saco.

Lembramos que o punto limpo segue a ter o horario de apertura habitual martes, xoves e sábado de 10:00 h a 14:00 h.

Ler Máis
31 Out
0

Pleno Ordinario de novembro

O vindeiro martes 2 de novembro ás 20:00 h terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno Municipal.

Como vén sendo habitual, será retransmitido en directo vía streaming a través da web do Facebook do Concello.

Ler Máis
30 Out
0

Ollo! esta madrugada hai que atrasar unha hora os reloxos

 

Esta madrugada do sábado 30 ao domingo 31 de outubro, temos que atrasar unha hora os reloxos para axustalos ao horario de inverno.

Teremos menos luz solar polas tardes

Cando as agullas do reloxo marquen 03:00h., haberá que poñelas nas 02:00h. Esta modificación horaria aplícase en toda a Unión Europea (UE), a fin de encaixar a xornada laboral coas horas de luz natural.

Que efectos ten el cambio de hora na saúde?

O cambio horario pode afectar ás persoas con patoloxías médicas, aos cativos e a algúns animais. O efecto seméllanse, aínda que moito menos intensos, aos do ‘jet-lag’ logo dunha  viaxe longa …pero en pouco tempo o organismo adáptase. 

Canto aforramos co cambio de hora?

A maioría dos especialistas coinciden: pouco. ..e iso que o argumento para o cambio de hora é precisamente ese, o aforro. Segundo o  Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), o aforro enerxético potencial está nun 5% do total da factura eléctrica, preto de  350 millóns en todo o Estado, o que supón uns 7 euros por familia.

Ler Máis
27 Out
0

300.000€ para cambiar as ventás e persianas do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

Despois das reclamacións reiteradas e conxuntas do equipo directivo do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e do Concello das Neves, este curso contan cunha nova caldeira no centro.

Ademais, a concelleira de Ensino, Pilar González Casas, deu traslado ao Consello Escolar do centro de que proximamente será acometida a obra de cambio de ventás e persianas- que non se substituiron en máis de 40 anos- cun investimento de arredor de 300.000 €.

Ler Máis